Xardíns colgantes da Babilonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Talvez.
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Historia ==
Segundo a historia, o rei de [[Babilonia]] por aqueles tempos, [[Nabucodonosor II]], sentíase inmensamente triste ao ver que a súa esposa preferida [[Amitis]], unha princesa meda, criada entre montes e bosques, sentíase mal ao vivir nunha cidade tan chá como [[Babilonia]]. Entón, Nabucodonosor ordenou construirconstruír os maiores [[xardín]]s xamais edificados polo ser humano, para que imitaran a forma e aspecto dun monte. Erguéronse seis montes de terra artificiais, con terreos plantados de árbores, apoiados en columnas de 25 a 100 metros de altura. Chegábase a eles por unha [[escada]] de [[mármore]]. Tamén chamados como Xardíns colgantes de Semiramis, foron construídos no século VI a. C., no sur do [[Iraq]], na Babilonia. Os terreos foron construídos encima doutro e eran irrigados pola auga bombeada do [[río Éufatres]]. Neses terreos estaban plantadas [[árbore]]s e [[flor]]es tropicais e paseos de altas [[Palmeira (botánica)|palmeira]]s. Dos xardíns podíanse ver as belezas da cidade abaixo.
 
Pero cando a cidade entrou en decadencia e guerras, foi incendiada. Arderon tamén os xardíns, e para cando [[Alexandre Magno]] chegou a [[Babilonia]], só quedaban cinzas da fermosa cidade. Hoxe en día, só quedan os restos e ruínas nas beiras do Éufrates.