Parto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Talvez.
Liña 23:
No parto natural, o bebé nace atravesando a [[vaxina]] da nai, seguindo as indicacións do profesional da saúde, coa asistencia de pouca tecnoloxía ou ningunha e sen a axuda de [[fármaco]]s.<ref>The Nemours Foundation kidsHealth.org (xuño de 2006). [http://www.kidshealth.org/parent/en_espanol/embarazo/natural_childbirth_esp.html Parto Natural] {{es}}.</ref> Na maioría dos centros asistenciais o parto vaxinal ocorre nunha posición xinecolóxica, coa xestante en posición decúbito dorsal, é dicir, deitada sobre as súas [[costa]]s e cos pés sostidos á altura dos [[glúteo]]s co obxecto de favorecer a comodidade do persoal médico. Coñecese co nome de ''posición de litotomía'',<ref>Instituto Químico Biológico. [http://www.iqb.es/diccio/p/posicion.htm Posiciones - letra P]. Diccionario Ilustrado de Términos Médicos {{es}}.</ref> que se usou durante moitos anos como rutina no nacemento. Porén, é unha posición controvertida, pois o parto pode ocorrer naturalmente en posición vertical —por exemplo, ás agachadas— na cal a [[gravidade]] axuda á saída natural do neno. Na litotomía existe máis probabilidade de descensos lentos, expulsións prolongadas, sufrimento fetal e esgazaduras [[perineo|perineais]] maternas.
 
Idealmente, o [[contorno]] da nai no momento do parto debería ser de tranquilidade, sen présas, con intimidade e confianza: luz suave, poucas persoas e pertencentes ao seu entorno íntimo, unha posición cómoda elixida por ela, tal veztalvez música ou flores, ou aromas, se a ela lle gustan.
 
Tamén existe o parto en auga morna, no propio fogar, en hospitais ou en centros privados.