Diferenzas entre revisións de «Ilota»

Usufruto.
(Usufruto.)
O '''ilota''' (do lat.[[Lingua latina|latín]] ''Ilōta'', e este dedo o[[Lingua gr.grega|grego]] ''Εἱλώτης'', ''Heilṓtēs'') era o [[Servidume|servo]] de [[Esparta|Esparta.]] Non hai que confundilos coacos [[Escravitude na Grecia antiga|escravos-mercadoría]], que existían ademais pero que eran máis ben raros. O ilotismo áchase tamén noutras sociedades gregas, como [[Tesalia]], [[Illa de Creta|Creta]] ou mesmo [[Sicilia]].
 
Os ilotas ocupaban unha situación moi inferior á dos periecos e dos homoioi, considerados orixinarios de [[Mesenia]], no suroeste do [[Peloponeso|Peloponeso.]] Eran [[Escravitude na Grecia antiga|escravos]] públicos, propiedade do Estado espartano, formando parte integrante dos bens rurais dos [[Homoioi|espartiatas]], tamén coñecidos como os ''homoioi''. Esta xente estaba adscrita á terra, que era propiedade do estado espartano, pero que era repartida en calidade de cesión aos ''homoioi'', os cales se encargaban de que os ilotas a explotasen.
Como en Atenas antes de [[Solón]], os campesiños espartanos que non podían pagar as súas débedas, fixéronse dependentes dos terratenientes e logo convertéronse en ilotas. Esta «servidume» constituíuse despois da conquista de [[Mesenia]], o que significa que o ilotismo se modeló por evolución. Os ilotas laconios desenvolvéronse como resultado da experiencia gañada despois das guerras mesenias.
 
Campesiños laconios e [[Mesenia|mesenios]] que foron asignados á terra que orixinariamente lles pertenceu (os habitantes das cidades costeiras e dalgúns asentamentos terra dentro non foron reducidos á condición de ilotas, senón que se converteron en periecos). Esta terra foi parcelada en lotes (''klêros'') que se entregaban en usufructousufruto aos cidadáns (tanto as terras como os ilotas que as traballaban pertencían ao Estado, polo que o cidadán para o que traballaban non podía liberalos).
 
Os ilotas [[esparta]]<nowiki/>nos estaban en relación directa cun cidadán particular de Esparta, en cuxo ''klêros'' estaban a traballar. Cada ''klêros'' era cultivado por varias familias de ilotas baixo o control de funcionarios designados polo Estado espartano. Tiñan que entregar parte da colleita á familia usufructuariausufrutuaria do ''klêros'' (''apóphora''), quedando o resto á súa disposición. Hai discrepancias sobre se os ilotas debían entregar aos seus amos a metade do que cultivaban ou tiñan unhas cantidades asignadas de antemán fose cal fose a produción. Un detalle importante é que os ilotas eran posuidores dos medios de produción que usaban (apeiros, gando e aveños domésticos), o cal os diferencia do resto de escravos gregos. Á parte da explotación a que estaban sometidos, os ilotas eran obrigados, nalgúns casos, a participar nas campañas militares en calidade de carrexadores, auxiliares e mesmo como infantaría lixeira.
 
O antagonismo entre ilotas e espartanos constituíu sempre unha constante da política interior e exterior do Estado espartano. Uns e outros vivían nunha situación de continua tensión. Os ilotas mantiñan aos espartanos baixo a constante ameaza da revolta. Hai que ter en conta que os ilotas excedían en número aos cidadáns nunha proporción de vinte a un, e que eran o núcleo da produción agrícola espartana. Por outra banda, os espartanos, temendo tal rebelión, dubidaban sempre en embarcárense en campañas militares que os levasen fóra de Esparta. Ademais, para manter subxugados aos ilotas, institucionalizaran a ''krypteía.'' Cada ano, os éforos declaraban a guerra aos ilotas. Os mozos espartanos, na súa formación como guerreiros, dispersábanse polas rexións rurais onde vivían os ilotas e atacaban, durante a noite, os poboados ilotas para matar aos contestatarios e posíbeis xefes.
10.315

edicións