Diferenzas entre revisións de «Midas»

(a)
O reinado de Midas supón a maior época de esplendor de [[Frixia (rexión)|Frixia]], que se expandiu cara ao leste, até a fronteira con [[Urartu]], ocupando unha extensa zona de [[Anatolia|Asia Menor.]] Mantivo relacións comerciais con [[Asiria]] e Urartu, alcanzando o rei unha riqueza extraordinaria, que chamou a atención dos gregos, quen lle dedicaron un espazo na [[Mitoloxía grega|mitoloxía]].
 
Contemporáneo de [[Teglatfalasar III|Tiglath-Pileser III]], [[Salmanasar V]], e [[Sargón II]], durante moitos anos instigou levantamentos dos principados de Asia Menor contra Asiria, apoiando a [[Hama]], [[Karkemish]], [[Tabal]], [[Gurgum]], [[Kummukhu]] e [[Meliddu]], ata que finalmente foi atacado por Sargón II. Medorento do poder do asirio, Midas envioulle unha embaixada, declarándose vasalo.
 
Despois dos conflitos con Sargón II, sufriu invasións dos cimerios, que destruíron a capital Gordio. Segundo a tradición, Midas [[Suicidio|suicidouse]] e así terminou o curto período hexemónico de Frixia.
52.292

edicións