Conquista española das nacións chibchas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
Entre as vilas de [[Suesca]] e [[Nemocón]], a expedición de De Quesada enfrontouse á primeira resistencia activa muisca: o ''zipa'' muisca [[Tisquesusa]] realizou un esforzo errado de acabar cos invasores, que deron a primeira mostra da súa superioridade militar.
 
Posteriormente, De Quesada foi asediado sen descanso na savanasabana de Bogota polas forzas de Tisquesusa, mais conseguiu sacar proveito das rivalidades entre os varios xefes indíxenas para ir enfraquecendo o poder do zipa de Bacatá. Os xefes de [[Chía, Cundinamarca|Chía]] e Suba foron dos primeiros en someterse e colaborar cos españois, mentres que os homes de Tisquesusa sufrían derrota tras derrota e non conseguiron opoñerse ós españois, que contaban con cabalos, cans e armas de metal, en troques das armas de madeira primitivas: lanzas, mazas e dardos. Tisquesusa continuou a asediar e atacar ós españois, mais morreu nalgunha contenda escura, a finais de 1537, sen que os españois o soupesen e sen que coñecesen o seu tesouro.<ref>{{Cita libro|título=Historia de Colombia: el establecimiento de la dominación española|apelido=Langebaek|nome=Karl|editor=Imprenta Nacional de Colombia|ano=1996|isbn=|localización=Bogotá, Biblioteca Luis Ángel Arango}}</ref>
 
O sucesor de Tisquesusa, o seu sobriño [[Sagipa]] (Saquesazipa) someteuse axiña ós españois, mais as relacións entre os españois e Sagipa non tardaron moito en deteriorarse. Querendo facerse co tesouro do ''zipa'', os españois apreixoaron a Sagipa e levárono a xuízo, acusándoo de rebelión contra os españois e de non revelar a localización onde o tesouro estaba agochado.