Nixeria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 49:
Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende finais do [[século XIX]] e comezos do [[século XX|XX]]. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o [[Protectorado do Sur de Nixeria]] e o [[Protectorado do Norte de Nixeria]]. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó tempo que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha [[Guerra Civil de Nixeria|guerra civil]] durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.<ref name="New York">{{cita novas|apelido=Nossiter|nome=Adam|título=Nigerians Vote in Presidential Election|url=http://www.nytimes.com/2011/04/17/world/africa/17nigeria.html?pagewanted=1&_r=1&hp|dataacceso=17 de abril de 2011|xornal=The New York Times|data=16 de abril de 2011}}</ref>
 
Nixeria é considerado como o "Xigante de África", por mor da súa grande poboación e economía.<ref name =giant>''Nigeria: Giant of Africa,'' by Peter Holmes 1987</ref> Con aproximadamente 174 millóns de habitantes, Nixeria é o máis populoso país de África e o [[Lista de países por poboación|décimo sétimo máis poboado do mundo]].<ref name=Profile>{{cita publicación periódica|apelido=Library of Congress – Federal Research Division|título= Country profile: Nigeria|data=xulo de 2008|ano=2008|páxina=9|url=http://lcweb2.loc.gov/frd/cs/profiles/Nigeria.pdf|dataacceso=28 de decembro de 2011}}</ref> O país está habitado por máis de 500 grupos étnicos, sendo os tres máis grandes os [[hausas]], os [[igbos]] e os [[iorubasPobo yoruba|yorubas]].
Atendendo á relixión, Nixeria está dividida en dúas metades, entre os [[cristianismo|cristiáns]] que viven na parte sur e central do país, e os [[Islam|musulmáns]], concentrados nas zonas norte e suroeste. Unha minoría da poboación practica as relixións indíxenas de Nixeria.
 
Liña 67:
A comezos do século XIX, [[Usman dan Fodio]] dirixiu unha ''[[xihad]]'' con éxito, e creou o centralizado [[Imperio Fulani]] (tamén coñecido como [[Califato de Sokoto]]). O territorio controlado comprendía a zona norte e central do estado moderno. O califato durou ata que en 1903 foi dividido en varias colonias europeas.
 
Os reinos [[iorubaspobo yoruba|yorubas]] de [[Ife]] e [[Imperio Oyo|Oyo]] no suroeste de Nixeria tiveron gran relevancia no século XII<ref name="Falola1">{{cita libro|título=A history of Nigeria| nome1=Toyin|apelido1=Falola|nome2=Matthew M.|apelido2=Heaton|páxina=23|publisher=[[Cambridge University Press]]|ano=2008|url=http://books.google.com/books?id=XygZjbNRap0C&pg=PA23 |isbn=0-521-68157-X}}</ref><ref>{{cita libro|título=Hegemony and culture: politics and religious change among the Yoruba|nome=David D.|apelido=Laitin|páxina=111| publisher=[[Universidade de Chicago]]|ano=1986|isbn=0-226-46790-2|url=http://books.google.com/books?id=dHbrDvGQEbUC&pg=PA111}}</ref> e [[século XIV|XIV]]<ref>{{cita libro|título= Peoples of Africa, Volume 1|nome1=Fiona|apelido1=MacDonald|nome2=Elizabeth|apelido2=Paren|nome3=Kevin|apelido3=Shillington|nome4=Gillian|apelido4=Stacey|nome5=Philip|apelido5= Steele|páxina=385|publisher=Marshall Cavendish|ano=2000|isbn=0-7614-7158-8|url=http://books.google.com/books?id=joh5yHfcF-8C&pg=PA385}}</ref> respectivamente. Segundo a [[mitoloxía iorubayoruba]], Ile-Ifẹ é berce da raza humana e é anterior a calquera outra civilización. Os sinais de asentamentos humanos máis antigos de Ifẹ datan do século IX,<ref name="Falola1"/> e a súa cultura material inclúe figuras de [[bronce]] e terracota. Ọyọ, no seu apoxeo territorial de finais do século XVII e comezos do XVIII, abranguía dende o oeste de Nixeria ata o [[Togo]] actual. O antigo [[Reino de Benin]] estaba localizado no suroeste de Nixeria. O poder de Benin durou dende o século XV ata o XIX. O seu dominio chegou ata a cidade de Eko (un nome de orixe [[Lingua edo|edo]] cambiado posteriormente por [[Lagos, Nixeria|Lagos]] por [[Imperio Portugués|portugueses]]).<ref>{{cita web|apelido=Metz|nome=Helen Chapin|título=Nigeria: A Country Study – The Slave Trade|publisher=[[Library of Congress Country Studies]]|ano=1991|url=http://countrystudies.us/nigeria/7.htm|dataacceso=28 de maio de 2011}}</ref>
 
O [[Reino de Nri]] do [[pobo igbo]], un dos máis antigos de Nixeria, consolidouse no século X, e continuou ata a colonización británica en 1911.<ref name="Juang">{{cita libro|título=Africa and the Americas: culture, politics, and history : a multidisciplinary encyclopedia, Volume 2|nome=Richard M.|apelido= Juang|páxina=597|publisher=ABC-CLIO|ano=2008|isbn=1-85109-441-5|url=http://books.google.com/books?id=wFrAOqfhuGYC&pg=PA597}}</ref><ref>{{cita libro|título=Africa from the seventh to the eleventh Century|nome=Ivan|apelido=Hrbek|páxina=254|publisher=James Currey Publishers|ano=1992|isbn=0-85255-093-6|url=http://books.google.com/books?id=qDFcD0BuekQC&pg=PA254}}</ref> Nri estivo gobernado polos Eze Nri, e a cidade de Nri está considerada como o centro da cultura Igbo. Nri e Aguleri, onde se sitúan os mitos igbo da creación, están no territorio do clan Umeuri. Os membros do clan din ser a liñaxe da figura patriarcal Eri, un rei divinizado.<ref>{{cita libro|apelido=Uzukwu|nome=E. Elochukwu|título=Worship as Body Language|ano=1997|isbn=0-8146-6151-3|páxina=93|publisher=Liturgical Press|url=http://books.google.com/?id=9hhmzVrYPHAC&printsec=frontcover}}</ref> En África occidental, os bronces máis antigos foron creados mediante a técnica da [[cera perdida]] en [[Igbo-Ukwu]], unha cidade baixo influencia Nri.<ref name="Juang"/>