Benín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 53:
'''Benin'''<ref name="beninés">{{DRAG|beninés||||30-12-2013}}</ref> (en {{lang-fr|Bénin}}), oficialmente '''República de Benin''' (en {{lang-fr|République du Bénin}}) e antigamente '''Dahomey''', é un país de [[África Occidental]]. Limita ó oeste con [[Togo]], ó leste por [[Nixeria]] e ó norte por [[Burkina Faso]] e [[Níxer]]. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no [[Golfo de Benin]], parte do [[Golfo de Guinea]], na zona máis ó norte do [[Océano Atlántico]] tropical.<ref>R. H. Hughes, J. S. Hughes. A directory of African wetlands, p. 301. IUCN, 1992. ISBN 2-88032-949-3</ref> A capital de Benin é [[Porto Novo]], pero a sede do goberno está en [[Cotonou]], a meirande cidade e o centro económico do país. Benin abrangue unha área de aproximadamente 115&nbsp;000&nbsp;km², cunha poboación aproximada de 9,98 millóns. Benin é unha nación [[trópico|tropical]] da [[África subsahariana]] moi dependente da [[agricultura]].<ref>[http://www.fao.org/isfp/country-information/benin/en/ "Food and Agriculture Organization of the United Nations"]. United Nations, June 29th, 2010</ref>
 
A [[lingua oficial]] de Benin é o [[Lingua francesa|francés]]. Porén, as linguas indíxenas como o [[Lingua fon|fon]] e o [[Lingua iorubayoruba|iorubayoruba]] son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o [[Igrexa Católica|catolicismo]], seguido de preto polo [[islam]], o [[vodú]] e o [[protestantismo]]. Benin é membro das [[Nacións Unidas]], da [[Unión Africana]], da [[Organización para a Cooperación Islámica]], da [[Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur]], da [[Organización Internacional da Francofonía|Francophonie]], da [[Comunidade dos Estados do Sahel-Sahara]] e da [[Autoridade da Conca do Níxer]].<ref>[http://www.nationsencyclopedia.com/Africa/Benin-INTERNATIONAL-COOPERATION.html "Benin – International Cooperation"]. Nation Encyclopedia (2010-06-29).</ref>
 
Dende o século XVII até o XIX, as principais entidades políticas na área foron o [[Dahomey|Reino de Dahomey]] xunto coa cidade estado de [[Porto Novo]] e unha grande área con moitas tribos diferentes no norte. Esta rexión era chamada a [[Costa dos escravos]] a comezos do século XVII por mor do grande número de escravos que eran levados cara ao Novo Mundo polo comercio atlántico. Despois da abolición da [[escravitude]], Francia tomou o país e renomeouno como [[Dahomey Francés]]. En 1960, Dahomey acadou a independencia plena de Francia, e viviu un período tumultuoso con varios gobernos democráticos, golpes de estado e gobernos militares.