Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de abril de 2016 ás 21:28

Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é un proxecto educativo no que participan estudantes e mesmo persoas da cidadanía que saben tocar un instrumento orquestral.[1]

A orquestra que ten a súa orixe en 2010, aínda que ofrece o seu primeiro concerto en 2011, realiza cada curso escolar unha convocatoria pública , polo menos, para a selección e admisión para pertencer á formación. Os diferentes instrumentos para os que se realizan probas de admisión son: Violín, Viola, Violoncelo, Contrabaixo, Frauta, Óboe, Clarinete, Fagot, Trompa, Trompeta, Trombón, Tuba, Clave, Órgano, Percusión e Arpa.

O vestiario dos membros do grupo nas actuacións é de cor negra, todas a indumentaria: camisa, pantalón, vestido e zapatos son de cor negra.

Nas actuacións desta orquestra é frecuente vela acompañada por solistas alleos á formación. Esta orquestra ofrece concertos públicos e gratuítos repartidos ao longo do curso escolar. A data das súas actuacións pode consultarse na axenda cultural da USC.

Dirección musical

Dende a fundación da Orquestra Universitaria de Santiago de Compostela en 2010, está baixo a batuta de Mario Diz.

Mario Diz, é un músico discípulo do mestre Antón García Abril, que desenvolve a súa carreira profesional ligada a diversos proxectos, ademais do xa mencionado. Exerce nos últimos anos unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións profesionais e didácticas ademais de continuar a súa actividade como profesor de violín e viola na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Participantes

Neste proxecto participan dous grupos de músicos:

  • Grupo residente:

Son  membros da Comunidade Universitaria da USC con coñecementos previos de tocar algún instrumento pertencente á disposición instrumental da Orquestra do Espazo de Cámara da USC.

  • Grupo interino:

Son compoñentes de orquéstra pero non son membros da Comunidade Universitaria da USC, son estudantes de música de centros oficiais e/ou escolas de música e superaron unha proba específica para ingresar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC.

Acontecementos

Espazo de Cámara ofrece concertos gratuítos e de asistencia libre ao longo do curso escolar. Aínda que o seu primeiro concerto tivo lugar a mediados de abril de 2011, o primeiro concerto oficial desta formación tivo lugar o 17 de xuño de 2011, igrexa da Universidade, co programa seguinte:

  • Sinfonía “Ao Santo Sepolcro” Rv 169 - Antonio Vivaldi (Venecia 1678, Viena 1741)
  • Concerto para cordas en Re Maior Rv121 - Antonio Vivaldi
  • Seis Danzas Galegas, Suite. – Mario Diz

Véxase tamén

Referencias

Bibliografía

Web da USC para Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela


*Web de Mario Diz

Enlaces externos