Illas Gambier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m correccións con AWB, replaced: suas → súas using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:French Polynesia map.jpg|300px|dereita|Localización das Gambier ao este]]
As '''Illas Gambier''' son un [[arquipélago]] da [[Polinesia francesa]] situado ao sueste do arquipélago [[Tuamotu]]. En ocasións tamén se chaman illas [[Mangareva]], xa que é a única illa habitada.
 
==Xeografía==
[[Ficheiro:Îles Gambier image satellite.jpg|250px|dereita|miniatura|Vista satélite das illas Gambier]]
As illas Gambier forman parte do distrito Tuamotu-Gambier, e a pesar de que son unha prolongación do arquipélago [[arquipélago Tuamotu|Tuamotu]], considéraselleconsidérase un arquipélago á parte, xa que as illas Gambier son de orixe volcánico e as Tuamotu non. Ademais, cultural e lingüisticamente están máis unidas a outras illas, como as [[illas Austrais]] ou as [[illas Cook]] meridionais.
 
Están formadas por catro illas ([[Mangareva]], Taravai, Akamaru e Aukena), e varios illotes distribuídos pola zona. A superficie total é de 31  km². A vexetación é tropical, con bananos e cocos.
 
O punto máis alto das illas é o Monte Duff, situado na illa de [[Mangareva]], a unha altura de 441 metros. Ao pé dese monte atópase Rikitea, a vila principal do arquipélago, xa que a [[Mangareva]] é a única habitada. Rikitea, no censo do 2002, tiña unha poboación de 1.097 habitantes. A economía baséase no cultivo de [[café]], [[laranxa (froita)|laranxa]]s, e [[sandía]]s, ademais de cultivar perlas, producindo tamén perlas negras.
 
Mangareva é a capital de comuna das Illas Gambier, e dispón de varias illas deshabitadas ao sur das Tuamotu: o Grupo Acteón, Marutea Sur, María Este, e Morane.
 
==Historia==
As illas Gambier empezaron a poboarse no [[século X]] desde as [[illas Cook]], e no [[século XIII]] desde as [[illas Marquesas]]. Ata o [[século XV]] tiveron unha poboación moi importante que comerciaba coas [[illas da Sociedade]], as Marquesas, e as [[illas Pitcairn]]. A superpoblación produciu unha deforestación da zona e unha deterioración económica. A ruptura do comercio non fixo outra cousa que incentivar o illamento das illas, o despoboamento de Pitcairn, varias guerras tribais, e ata [[canibalismo]].
 
A historia moderna das Gambier vai ligada á historia misioneira da Polinesia, e a [[Tahití]]. O primeiro europeo en pisar as illas foi o [[Inglaterra|inglés]] James Wilson en [[1797]], na primeira expedición misioneira. Logo de explorar as illas, seguiron o camiño ata [[Tahití]], onde desembarcaron os misioneiros. Wilson nomeou o arquipélago en honra do almirante que apadriñara a expedición misioneira.
 
===Laval e Caret===
En [[1834]] chegaron ás illas os xesuítas belgas Honoré Laval e François Caret, para fundar a primeira misión católica na polinesia, a parte do fracasado intento dos españois en Tahití no ano [[1775]]. Os dous xesuítas acabaron sendo protagonistas da unión francesa de Tahití. Animados polo éxito, logo de [[bautizo|bautizar]] a toda a poboación das Gambier, trasladáronse a Tahití no ano [[1836]]. Nesta illa, desde a expecición de Wilson, había unha misión protestante liderada por Pritchard, que ademais era cónsul británico e conselleiro da raíña Pomare Vahine. Pritchard logrou expulsar aos misioneiros católicos, provocando un conflito diplomático. [[Francia]] enviou ao almirante Dupetit-Thouars para intentar remediar o asunto. O almirante acabou establecendo un protectorado, e máis tarde a anexión de Tahití.
 
Mentres tanto, as illas Gambier sufriron un forte [[terremoto]] e un [[tsunami]] en [[1837]]. Laval e Caret regresaron ao arquipélago e someteron a poboación a un réxime teocrático severo. Por unha banda ensinaron aos habitantes das illas a ler e escribir, e protexéronos dos comerciantes europeos e dos baleeiros. Segundo unha frase do pai Laval, a «civilización leva ata a satisfacción». Por outra banda, o celo relixioso levoulles a destruír sistematicamente todos os ídolos e templos, e no seu lugar mandaron construír de forma desmesurada máis dun centenar de edificios de pedra: igrexas, capelas, conventos, seminarios, cemiterios, vigairías, arcos do triunfo. Só na catedral de San Miguel, en Mangareva, caben 2.000 persoas. A poboación, que era de máis de 2.000 habitantes cando chegaron Laval e Caret, descendeu ata 500 habitantes a finais do [[século XIX]] debido ás enfermidades, a emigración, e o alcol.
 
Logo da denuncia por parte dalgúns comerciantes da situación despótica da misión, o bispo mandou a Laval a Tahití, en [[1871]].
 
As illas Gambier anexionáronse a [[Francia]] no ano [[1880]].
Liña 30:
===[[Mangareva]]===
[[Ficheiro:Karta FP Gambier isl.PNG|300px|dereita|Mapa das Gambier]]
Mangareva é a illa principal de Gambier, coa capital Rikitea ao pé do Monte Duff a 441 metros de altitude. É a única illa habitada do arquipélago na actualidade. Descubriuna o inglés James Wilson, que a chamou ''Peard''.
 
A 45 minutos con barca ao nordés, atópase o illote Totegegie, de 4  km, onde se atopa o aeroporto das illas.
===[[Taravai]]===
Taravai, situada a 1,5  km ao suroeste illa de Mangareva, ten unha superficie de 5,3  km² e 256 metros de altitude. Historicamente, tamén recibiu o nome de ''Belcher''. Antigamente, 2.000 habitantes poboaron a illa, pero na actualidade está deshabitada, con algún residente esporádico. Nela atópanse os restos da igrexa de Sant Gabriel.
 
Hai varios illotes preto da illa: Agakauitai, cunha superficie de 0,7  km² e 146 m. de altitude, Kamaka, Makupu, Makaroa, e Manui.
===[[Akamaru]]===
Akamaru ten unha superficie de 1,5  km² e 246 metros de altitude. Atópase a 7  km ao sueste da illa de Mangareva. Antigamente recibiu o nome de ''Wainwright''. Nesta illa Laval e Caret celebraron a primeira misa. Na actualidade a illa recibe visitas esporádicas polos habitantes de Mangareva para recoller as suassúas laranxas.
 
Na costa noroeste atópase o illote de Mekiro.
===[[Aukena]]===
Aukena sitúase a medio camiño entre Mangareva e Akamaru. Ten 1,5  km², e antigamente recibiu o nome de ''Elson''. Nesta illa construíuse a primeira iglesa, a de San Rafael, e un colexio. Ten unha espléndida praia de area branca.
===[[Temoe]]===
Temoe, tamén chamada Timoe, é un [[atol]] situado a 50  km ao sueste de Mangareva. Antigamente recibiu o nome de ''Crescent''. Atópase un templo polinesio relacionado coas illas Marquesas. No ano 1838 os misioneiros tiveron que trasladar toda a poboación a Mangareva para facer os traballos de construcións de monumentos.
 
 
[[Categoría:Illas de Francia|Gambier]]