Conquista española das nacións chibchas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:AlonsoDeOjeda.jpg|200px|thumb|[[Alonso de Ojeda]].]]
A '''Conquista española das nacións chibchas''' refírese ó período de [[conquista de América|conquista]] levado a cabo polo [[Imperio españolEspañol]] en [[América]]. O primeiro [[España|español]] que navegou as costas do que hoxe é [[Colombia]] foi [[Alonso de Ojeda]], que lideraba unha expedición polas costas da península de [[La Guajira]] no [[cabo de la Vela]], entre cuxa tripulación se atopaba [[Juan de la Cosa]], mais nunca desembarcaron. En [[1502]], [[Juan de la Cosa]] organizou a súa propia expedición e volveu a [[La Guajira]].
 
[[Martín Fernández de Enciso]] en [[1510]] chegou ó [[Golfo de Urabá]], onde fundou [[Santa María La Antigua del Darién]], vila que durou pouco, xa que nunca prosperou pola impenetrable selva, a gran pluviosidade, as altas temperaturas e a forte humidade. Estes factores climáticos desfavorables xunto coa rivalidade entre españois e a ausencia de interese en [[España]] por administrar estes territorios tan afastados, fixo tecnicamente imposible a intención de enviar colonos para poboar a zona. Nese tempo, estaba habitada por diversos grupos indíxenas [[Muiscas|chibchas]], entre eles os cunas, que poboaban os arredores do [[golfo de Urabá]] e o baixo [[Atrato]], os chocoes ou citarares que habitaban o alto Atrato, os noanamaes, que vivían a carón do [[río San Juan]], e os baudoes que poboaban a costa do [[Océano Pacífico|Pacífico]].