Giovanni Battista Pergolesi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Establecemento de ligazón interna en "Stabat Mater".
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Fillo de Francesco Andrea Draghi-Pergolesi, topógrafo e vencellado coa nobreza local, a súa posición económica permitiu que o fillo puidera recibir unha educación musical a cargo do maestromestre de capela da catedral, grazas á influencia do marqués de Pianetti logrou entrar no prestixioso ''Conservatorio dei poveri di Gesù Cristo'' en [[Nápoles]] en 1722, alí estudou composición con algún dos grandes da [[escola musical napolitana]] como [[Gaetano Greco]], [[Leonardo Vinci]] e [[Francesco Durante]]. En 1731 compuxo para o exame final dos seus estudos musicais o drama sacro ''La conversione di San Guglielmo''. Tras saír do conservatorio Pergolesi realiza a súa primeira ópera seria, ''Salustia'', nun estilo conservador estreouse en xaneiro de 1732 con escaso éxito. O príncipe Ferdinando Colonne Stigliano nomeao o seu mestre de capela nese ano e ponse a traballar na súa seguinte obra, ''Lo frate 'nnamorato'', ópera buffa con libreto de [[Gennaro Antonio Federico]] en lingua napolitana, a obra convírtese nun éxito extraordinario tras a súa estrea en setembro de 1732; O tráxico terremoto que sufriu a cidade nese inverno levou a Pergolesi a compoñer misas e salmos, neste campo a ''Messa in fa maggiore'' (1734), composta polo kyrie e o o gloria seguindo a tradición napolitana, unha das súas obras máis logradas.
 
Con ocasion do aniversario da emperatriz María Cristina estrea ''Il prigionier superbo'', drama musical en tres actos, que tivo éxito grazas ao seu intermedio buffo ''La serva padrona''.