A Estrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Notas: Cambio
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Etimoloxía do topónimo: Engadido de referencia
Liña 51:
 
== Etimoloxía do topónimo ==
O nome procede<ref>{{Versaleta|[[Xosé-Henrique Costas González|Costas González, X.-H.]]}} (2016): ''Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega'', páx. 19. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7</ref> do [[latín]] ''strata'' ("terra pisada por onde se anda; camiño")<ref>{{cita libro |apelido=Cabeza Quiles |nome=Fernando |título=Algúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e Toedo |ano=2006 |url=http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/359/1/pg_117-136_cabeza_9.pdf |páxina=115 |obra=A estrada, Miscelánea histórica e cultural |volume=9}}</ref>. Neste lugar cruzábanse dous camiños: o que ía de sur a norte, desde a [[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes|Terra de Montes]], [[Ourense]] e [[Portugal]], que seguían os arrieiros e [[peregrino]]s cara [[Santiago de Compostela]], e de leste a oeste, desde o [[Comarca do Deza|Deza]], [[Trasdeza]] e o interior de Galiza, por onde arrieiros e, máis tarde, carrilanas, se dirixían á costa.
 
Como premisa dunha hipótese máis complexa, Cabeza Quiles <ref>Fernando Cabeza Quiles (2008:257, 258, 260, 263) ''Toponimia de Galicia''. Vigo:Editorial Galaxia</ref> baséase na escaseza documental da voz ''estrada'' (fronte a ''strata'') nos tombos de [[Sobrado dos Monxes]], [[Samos]] ou [[Oseira]] observada por [[Pensado Tomé]], así como a súa ausencia tamén de datos en [[Mondoñedo]], [[Celanova]], [[San Pedro de Ramirás]] ou [[San Pedro de Rocas]] e na antiga lexicografía do padre [[Frei Martín Sarmiento|Sarmiento]], do [[Padre Sobreira]], [[Xoán Manuel Pintos]], [[José Cornide Saavedra|Cornide]] e [[Xoán Cuveiro Piñol|Cuveiro]]. A súa teoría supón a perda do uso común deste lexema para máis tarde recuperarse co significado actual de [[estrada]], hipótese compartida por [[Benigno Fernández Salgado]]. Como [[topónimo]] da actual capital de concello, utilizábase inicialmente ''Tabeirolos'' (que deu [[Tabeirós]]) e logo contra 1600 [[San Paio de Figueroa]], ata a época de Sarmiento que documenta A Estrada contra 1750. Polo tanto, e sempre segundo Cabeza Quiles, a data de aparición é demasiado serodia para que o topónimo proceda do [[latín]] ''(via) strata'' ([[participio]] do verbo ''sternere'', "espallar, botar pedra por riba do chan; empedrar") e propón un étimo alternativo na participio do [[verbo]] popular [[Lingua galega|galego]] ''[[:wikt:estrar|estrar]]'' ("botar estrume nas corredoiras con lama, sobre todo en inverno").