Xosé (fillo de Xacob): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 12:
== Vida en Exipto ==
[[Ficheiro:José_y_la_mujer_de_putifar_de_Antonio_María_Esquivel.JPG|miniatura|202x202px|[[Antonio María Esquivel]], X''osé e a dona de Potifar'', [[1854|1854.]] (Museo de Belas Artes de Sevilla).]]
Alí foi vendido e levado á casa de Potifar. Este, ao ver que Xosé sabía ler e manexaba os números (que seu pai lle aprendera), confioulle a administración da súa casa e converteuse na man dereita de Potifar. Na xeira coma escravo traballaba arreo e sempre confiando en que Deus algún día devolveríao á súa terra con seus pais e seus irmáns. Co traballo de escravo Xosé converteuse nun mozo fornidorexo, e a dona de Potifar, que quedaba na casa cando este saía, fixouse nel e tentou seducilo.
 
Un día chamou a Xosé ao seu cuarto e tratou ter relacións con el, mais el resistiuse, lembrando os ensinos de rectitude que o seu pai sempre lle aprendera, ademais de ser consciente de que sería unha falta ante Deus e saíu do cuarto deixando nas mans da señora o seu manto. Ao non lograr o seu obxectivo, e sabendo que Xosé podería denunciar o seu adulterio, a dona de Potifar acusouno de tentar aproveitarse dela, mostrando o seu manto como proba. Potifar dubidou disto, pois coñecía a Xosé e sabía que era incapaz disto, mais doutra banda a súa esposa insistía moito en que o matase, así que Potifar decide enviar a Xosé ao cárcere.