Fenicios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 27:
Á fragmentación política do territorio fenicio correspondeu un variado panteón de divindades, de xeito que non se pode falar dunha relixión unificada. As fontes fenicias son parcas en información teolóxica, que ás veces redúcese apenas a inscricións epigráficas, e mesmo, en ocasións, só coñecemos algunhas divindades por alusións bíblicas.
 
Con todo hai certos deuses, que por debaixo das diferenciasdiferenzas dos seus nomes, esconden unha mesma figura. A divindade máxima parece corresponder a [[El]], que, ao mesmo tempo, corresponde á raíz semítica para "[[deus]]", e como tal aparece tamén entre os [[hebreos]] na [[Biblia]]. O deus creador é El, mais non ocupa un lugar principal nas grandes cidades. [[Baal]] é o deus principal de Tiro, pero en [[Sidón]] ese lugar corresponde a [[Eshmun]], un deus diferente. O correspondente feminino de Baal é [[Baalat]]. [[Astarte]] é unha das máximas divindades femininas, mais corresponde no [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]] occidental a [[Tanit]], esta a súa vez é diferente de [[Tanit Pene Baal]] etc.
 
Non todas estas divindades son semíticas en orixe; poden corresponder a deuses prefenicios subsistentes e que acabaron asimilados. Á súa vez o panteón fenicio complicouse, porque sufriu o [[sincretismo]] exipcio, helénico e romano, de xeito que [[Baalat]] foi asimilada a [[Hathor]], [[Melqart]] a [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]], [[Baal Hammón]] a [[Cronos]]/[[Saturno]], [[Tanit]] a [[Hera]]/[[Xuno]] etc.