Canaán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta é unha achega baseada en parte na páxina da Wikipedia en español [es:Canaán]
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
== Historia e cultura ==
Canaán é unha zona cunha longa historia, que remonta a súa ocupación ás fases [[Neolítico|neolíticas]] máis cedas, con importantes asentamentos ao longo do tempo, coma [[Xericó (Israel)|Xericó]], [[Ugarit]], [[Xerusalén]], [[Tiro (cidade)|Tiroiro]], [[Sidón]], [[Biblos]], [[Damasco]] ou [[Gaza]]. Foi habitada por pobos moi diversos, como [[amorreos]], [[xebuseo]]s, [[hicsos]], [[filisteos]], [[pobo fenicio|fenicios]], [[arameos]], [[hebreos]] que por último, conquistaron a varios destes pobos para tomar posesión desta terra.
 
Canaán salienta pola súa cultura escrita e maila súa literatura. Nas escavacións téñense achado documentos, practicamente contemporáneos, escritos en exipcio, [[lingua acadia|acadio]], e dialectos semitas cananeos en distintos sistemas de escritura. Estes últimos procedementos caracterízanse por simplificar os complexos métodos estranxeiros, o [[xeroglífico]] exipcio e o silábico [[cuneiforme]] que teñen un e dous milleiros de signos, respectivamente, e con frecuencia diversas lecturas para un signo. A primeira simplificación no silabario de Biblos, que totaliza un centenar aproximado de signos diferentes.