Diferenzas entre revisións de «Public Broadcasting Service»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
A rede PBS consta de 169 operadoras membros que posúen as ditas licenzas educativas non comerciais que operan 348 emisoras de televisión. Destas 169, 86 son de organización comunitarias, 57 de [[universidade]]s, 20 de autoridades estatais e 6 de autoridades locais ou municipais.
 
AparteÁ parte da lexislación que os regula, outra diferenza que distingue a PBS e as súas filiais das demais redes de televisión como [[American Broadcasting Company|ABC]], [[National Broadcasting Company|NBC]], [[Columbia Broadcasting System|CBS]] e [[Fox Broadcasting Company|Fox]], é que as estacións filiais da PBS teñen autonomía para elixir e comprar os programas que desexan que sexan distribuídas ou pola rede PBS ou dereitamente polas emisoras individuais. Isto fai que a programación teña un alto nivel de contidos locais ou dirixidos ó seu público específico, a diferenza dos anteriormente mencionados canles comercias no que as súas filiais entregan gran parte do seu tempo no aire para a programación da rede nacional da cadea ás que están afiliadas.
 
A diferenza do seu homólogo radiofónico, a [[National Public Radio]] (NPR), a PBS non conta cun departamento de prensa central, unha produtora nacional, ou uns Servizos Informativos nacionais. Toda a programación de PBS, sexan noticias, documentais ou entretemento son producidas polas emisoras afiliadas ou produtoras independentes que son contratadas polas emisoras afiliadas. As principais afiliadas en termos de produción de programación son, entre outras, '''WNET-TV''' en [[Nova York]], '''WGBH-TV''' en [[Boston]], '''WETA-TV''' en [[Washington D.C.]], '''WQED-TV''' en [[Pittsburgh]], e '''WPBT-TV''' en [[Miami]].
358.682

edicións