Diferenzas entre revisións de «Public Broadcasting Service»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
'''Public Broadcasting Service''' '''(PBS)''' (en galego ''Servizo Público de Radiodifusión''), é a rede de televisión pública dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], creada no [[1969]] e que comezou a súa emisión regular o [[5 de outubro]] do [[1970]], substituíndo á anterior rede de televisión pública dos EUA, a '''National Education Television''' '''(NET)''' ''(Televisión Educativa Nacional)''. Pouco despois desa data, a NET, a institución predecesora da PBS, fusionouse coa WNDT-TV, a filial da PBS en [[Newark, Nova Jersey|Newark]] ([[Nova Jersey]]), para formar '''WNET-TV''', que emite para [[Nova York]] e Nova Jersey e as súas áreas de influencia, volvéndose unha das principais televisións membros da PBS.
 
A PBS podería describirse dunha rede de televisións públicas que contan con licenciaslicenzas de emisión de '''''televisión educativa non comercial''''' polos cales non emiten [[publicidade]] (sendo financiadas por axudas voluntarias de institucións, empresas e dos propios telespectadores - ''Viewers Like You'', "Telespectadores coma vostede") e que manteñen un compromiso de televisión de servizo público (en contraste coas outras canles de televisión nos EUA de vontade claramente comercial), e que foron maioritariamente fundados por organizacións educativas e comunitarios.
 
A rede PBS consta de 169 operadoras membros que posúen as ditas licenciaslicenzas educativas non comerciais que operan 348 emisoras de televisión. Destas 169, 86 son de organización comunitarias, 57 de [[universidade]]s, 20 de autoridades estatais e 6 de autoridades locais ou municipais.
 
Aparte da lexislación que os regula, outra diferenza que distingue a PBS e as súas filiais das demais redes de televisión como [[American Broadcasting Company|ABC]], [[National Broadcasting Company|NBC]], [[Columbia Broadcasting System|CBS]] e [[Fox Broadcasting Company|Fox]], é que as estacións filiais da PBS teñen autonomía para elixir e comprar os programas que desexan que sexan distribuídas ou pola rede PBS ou dereitamente polas emisoras individuais. Isto fai que a programación teña un alto nivel de contidos locais ou dirixidos ó seu público específico, a diferenza dos anteriormente mencionados canles comercias no que as súas filiais entregan gran parte do seu tempo no aire para a programación da rede nacional da cadea ás que están afiliadas.
358.757

edicións