Galia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m correccións con AWB, replaced: suas → súas using AWB
Liña 4:
 
== Historia ==
A Galia estivo habitada principalmente polos [[Aquitania|aquitanos]], ligados aos [[vascóns]] da [[Península Ibérica]] que, a pesar de teren influencias celtas, conservaron a súa [[lingua aquitana|lingua]] e identidade. Os belgas vivían ao norte do río Sequana ([[río Sena|Sena]]). Eran celtas pero cunha grande influencia [[pobos xermánicos|xermánica]]. Estaban curtidos na batalla debido ás suassúas continuas loitas cos seus veciños xermánicos do norte.
 
Na Galia Central vivían os celtas que eran, con moito, os máis importantes poboadores da Galia, tanto en número como en extensión territorial. Non formaban unha nación en conxunto, nin tiñan xefe común. Hábiles loitadores, mellores metalúrxicos e ourives, só tiñan un elemento que os unía e ese era a relixión. Esta desunión era decote aproveitada polos seus veciños, as tribos xermánicas, e foi o elemento esencial para a súa conquista polos romanos.
Liña 16:
 
== Os distintos pobos da Galia ==
Xulio César fixo unha descrición sobre tres dos pobos que habitaban a [[Galia Trasalpina]] no seu libro ''[[Comentarios sobre a guerra das Galias|]]''Comentarios sobre a guerra das Galias'']]. Conta que estaba a rexión dividida en tres partes, e que cada unha delas estaba habitada polo pobo dos '''belgas''', o dos '''aquitanos''' e o dos '''galos''' (ou celtas). Aínda que só describe estes tres, sábese que a Galia estaba habitada por moitos máis pobos diferentes.
 
Os belgas habitaban a parte do norte; ao sur da súa rexión estaban os ríos Sequana (Sena) e Matrona ([[Marne]]). Os chamados celtas por Xulio César habitaban a parte central. Os individuos destes dous pobos eran altos, de pel clara, bastante sociábeis e tiñan por costume loitar en grandes grupos. Os aquitanos habitaban no sur, entre o río Garona e os montes Pireneos; eran morenos e loitaban en pequenos grupos. Falaban linguas diferentes e os seus costumes e leis tampouco eran comúns.
 
Cada pobo estaba formado por varias tribos:
Liña 26:
== As Galias ==
[[Ficheiro:REmpire-Gallia.png|miniatura|As diferentes provincias que formaban parte da Galia]]
Todas as terras habitadas polos galos eran coñecidas polos romanos como as Galias, en plural, porque Roma distinguía máis de unha en función da súa situación xeográfica. Por iso distinguían entre '''Galia Cisalpina''' (ao norte de Italia, antes de pasar os Alpes) e '''Galia Trasalpina''' (alén dos Alpes, desde o norte de Italia), ademais dos moitos territorios que aínda estaban sen conquistar até a época de Xulio César (Galia Comata ou ''Cabeluda'').
 
=== Galia Cisalpina ===
Liña 39:
== Conquista romana ==
{{Artigo principal|Galia romana}}
Xulio César derrotou ás tribos celtas en Galia entre [[-58|58]] e [[-51|51 a.C]]., e escribiu as súas experiencias en ''[[De Bello Gallico]]'' (''Comentarios sobre a guerra das Galias''). A rexión conquistada por César era a Galia Trasalpina, onde se encontraba incluída a Galia Comata. César describiu os galos como individuos intelixentes, moi activos, impulsivos e inestábeis.
 
Cando César chegou á Galia no ano 58 a.C., estes territorios eran só un nome para os romanos, que só coñecían as provincias meridionais, sometidas co fin de garantir a pasaxe e as comunicacións por terra cara [[Hispania]]. Sabían os romanos que os seus habitantes eran tribos celtas que estaban en continua liorta. César acudiu ao territorio da Galia para socorrer o pobo dos [[helvecios]], estabelecidos no que hoxe é Suíza, e que daquela se vían ameazados polos [[xermanos]]. Máis tarde foi en axuda dos [[eduos]], que estaban en loita contra os belgas; despois destas fazañas, decidiu instalarse alí. E no ano [[-56|56]] a.C. librou unha batalla naval contra os [[vénetos]].
 
No ano [[-55|55]] a.C., os xermanos encontrábanse moi preto, na outra beira do Rin. César mandoulle construír á súa lexión unha ponte de madeira sobre este río para podelo cruzar e loitar contra este pobo no seu territorio. Deste xeito, César evitou unha nova invasión. Foron dúas campañas brillantes e temerarias contra [[Ariovisto]], o xefe xermano, que, malia ser o seu exército moito máis numeroso, foi aniquilado polos romanos preto de [[Ostheim]] (na actual Alemaña).
 
No ano 27, o emperador [[Augusto]] dividiu a Galia en catro administracións ou provincias:
Liña 49:
* '''[[Gallia Lugdunensis]]''', entre os ríos Loira, Saona e Sena.
* '''[[Gallia Aquitania]]''', que limitaba ao norte co río Loira.
* '''[[Gallia Belgica|Galia Belga]]''', que se estendía entre os ríos Sena e Rin e cuxo límite polo norte era o mar do Norte.
 
Esta administración mantívose así até principios do século IV, cando o emperador [[Diocleciano]] impuxo unha reforma administrativa.
Liña 57:
 
== Continuidade e rupturas ==
Hoxe en día admítese que a Galia "romana" só foi romana nalgúns ámbitos, aínda que sen dúbida importantes. Os importantes cambios introducidos polo conquistador eclipsaron durante moito tempo calquera hipótese sobre unha posíbel permanencia de características sociais ou culturais galas.
 
En primeiro lugar, o sincretismo relixioso romano e a prohibición do druidismo implicaron sen dúbida a desaparición dunha relixión céltica cuxos contornos non se poden senón conxecturar grazas á arqueoloxía, por un lado, e en comparación con algunhas reminiscencias galorromanas, por outro.
 
A administración romana, a economía, a arte -sobre todo monumental- e a cultura literaria latina, impuxéronse facilmente, se cadra polo feito de que nada do anterior podía competir con estas innovacións.
 
Despois da conquista romana da Galia, acabada en [[-51|51]] a.C., a romanización foi rápida entre as elites. Porén, ignórase cal foi a súa progresión exacta e a súa profundidade no que se refire ao pobo. En calquera caso, esta debeu ser desigual, ou mesmo limitada en moitos ámbitos relativos á vida diaria, tal e como o indican varias testemuñas históricas.
 
O uso do santuario céltico de Gournay-sur-Aronde, en [[Bélxica]], ou tamén os exvotos das fontes do Sena, poñen de manifesto cómo moitos lugares sagrados para os galos antes da súa conquista pasaron a ser lugares de culto galorromanos.
 
Cando durante o século III se deu unha certa "barbarización" do Imperio, características da civilización gala que permaneceran en vigor desde antes da conquista introducíronse de súa vez na cultura imperial: o abrigo galo, que lle deu o seu alcume ao emperador [[Caracalla]], non puido ser substituído polos hábitos dos conquistadores romanos. En moitos ámbitos relativos á artesanía, onde os galos sobresaían, impuxéronse as súas invencións: é o caso, sobre todo, do [[barril]], que se impuxo fronte á [[ánfora]], máis fráxil e de menor capacidade. É o caso tamén da [[cota de malla]] para o exército.
 
Outra pervivencia gala foi sen dúbida a práctica da súa lingua céltica, o [[lingua gala|galo]]. Sábese que a práctica do galo se prolongou durante a época merovinxia en amplas zonas rurais do centro e norte da Galia (Armórica, Bélxica, Auvernia etc.). Algunhas características do galo pasaron ao latín. No [[século V]], testemuños da época dan conta dunha grafía e unha pronunciación gala do latín, así como do carácter anticuado da lingua de varios autores de poesía ou transcritores de historias populares.
 
Cando a civilización romana clásica se desintegra, a Galia "xermanizouse" lenta e parcialmente. A presenza de topónimos xermánicos rexístrase en primeiro lugar nos territorios fronterizos debido á repoboación, a miúdo con fin defensivo, axiña organizado por Roma nunhas rexións a miúdo afectadas pola fame e as epidemias. Por outro lado, estes asentamientos duradeiros de colonos "bárbaros" (os ''laeti'') coñecéronse tamén no resto do Imperio ao longo do século V.
 
A data simbólica da desaparición do Imperio Romano de Occidente, en 476, e a do bautismo do rei dos [[francos]], [[Clodoveo I|Clodoveo]], contra [[486]], tampouco marcaron unha ruptura a este respecto: estes acontecementos tiveron lugar nunha data na que [[francos]], [[burgundios]] e [[visigodos]] xa botaran raíces, tendo o monopolio dos asuntos militares desde había tempo.
 
Debido a isto, as familias da aristocracia galorromana continuaron concentrando durante moito tempo a parte fundamental do verdadeiro poder político nas cidades episcopais: os "patricios", como o marsellés [[Mauronito]], ou os bispos, como o auvernio [[Gregorio de Tours]], eran os verdadeiros representantes da poboación. Así pois, a nova cultura que se desenvolveu na Galia despois do período imperial foi sobre todo cristiá e, en certos aspectos, augustiniana.
 
En xeral, as vivencias observábeis no cadro da Antigüidade serodia até o século VII foron numerosas na Galia: só a partir de mediados do século VII, unha época de crise, os nomes xermánicos multiplicáronse nas elites, indicando por tanto que o centro de gravidade de Europa se desprazaba para o norte e que escacharan os equilibrios do mundo antigo.
 
En definitiva, aínda que a cultura latina clásica recuou, o latín continuou sendo a lingua da cultura, sendo de uso exclusivo na escritura. O primeiro documento escrito en romance son os [[Xuramentos de Estrasburgo]], datados en 842.
 
Isto explica que o uso dos nomes "Galia" e "galo" se conservasen até o final do período [[merovinxio]], ao menos por escrito. Foi durante o período [[carolinxio]] cando o nome de "Francia" (para a Galia, [[Francia Occidentalis]]) se estendeu para designar a realidade política na que se convertera o reino dos Francos ([[Regnum Francorum]]). Por tanto, "Francia" non só designaba os territorios que correspondían á antiga Galia romana, senón a un conxunto territorial moito máis extenso.
 
Tamén foi o "[[Renacemento Carolinxio]]" o que forneceu os fundamentos dunha cultura realmente nova. Na súa orixe, este "Renacemento" perseguía restaurar a cultura romana antiga e imperial.