Cancioneiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrección link
m correccións con AWB, replaced: suas → súas using AWB
Liña 14:
 
*'''[[Cancioneiro da Biblioteca Nacional|Cancioneiro Colocci-Brancuti]]'''
:Outrora chamado Cancioneiro da [[Biblioteca Nacional de Lisboa]], foi copiado en Italia (de onde deriva o nome) no final do século XV, ou, inicio do século XVI e foi despois adquirido en [[1924]] polo Estado Portugués e depositado na Biblioteca Nacional de Lisboa. Entre as suassúas 1664 cantigas, hai composicións de todos os xéneros.
 
*'''[[Cancioneiro da Ajuda]]'''
Liña 37:
Durante os séculos XVII, XVIII, e aínda na primeira metade do XIX, circularon unha grande cantidade de [[vilancico]]s de Nadal e Reis escritos en lingua galega. Tratábase de creacións en verso, en estrofas breves, musicadas, e cun certo aire popular, compostas normalmente por músicos de grande formación. As catedrais de [[Mondoñedo]] e [[Santiago de Compostela]] contaron cunha grande tradición no que respecta á elaboración destas ''panxoliñas'', ''aninovos'' ...
 
Ademais, os vilancicos de Nadal e Reis escritos en galego traspasaron as fronteiras de [[Galiza]], e eran cantadas en catedrais como a de [[Toledo]] ou [[Sevilla]] (o cal non é raro, se temos en conta que, durante estes anos, a curia hispalense contou cun grande número de bispos galegos).
 
Os principais cultivadores de nome coñecido foron Carlos Patiño, Frei Francisco de Santiago, Gabriel Díaz, Frei Xerónimo Gonçalves e Manuel Bravo de Velasco.