Thomas Hardy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Thomashardy restored.jpg|miniatura|Thomas Hardy]]
 
'''Thomas Hardy''', nado en [[Stinsford]] o [[2 de xuño]] de [[1840]] e finado en [[Dorchester]] o [[11 de xaneiro]] de [[1928]], foi un poeta e novelista [[Inglaterra|inglés]].
 
== Traxectoria ==
Thomas Hardy naceu en Higher Bockhampton ("Upper Bockhampton" na actualidade), unha aldea na parroquia de Stinsford no leste de Dorchester en Dorset. O seu pai Thomas traballaba como tallador de pedra e construtor local, a súa nai Jemima era unha muller culta que lle proporcionou lecturas ata que foi á escola en Bockhampton aos oito anos de idade. Logo continuou os seus estudos en Dorchester, onde aprendeu latín e demostrou o seu potencial académico.<ref>Claire Tomalin (2007) ''Thomas Hardy: the Time-torn Man'' Penguin, pp.30,36.</ref> Como a familia de Hardy carecía de medios para que o fillo fora a universidade rematou os seus estudos á idade de dezaseis anos, entrando como aprendiz de John Hicks, arquitecto e restaurador de Dochester.<ref>Walsh, Lauren (2005) Introduction. ''The Return of the Native'' de Thomas Hardy. New York: Barnes & Noble Classics</ref>. En 1859 compuxo ''Domicilium'', os seu primeiro poema. En 1862 marchou a Londres como axudante dun arquitecto da capital e matriculouse no [[King's College]]. Consciente da división de clases e da súa inferioridade social, interesouse pola reforma social e estivo familiarizado coas obras de [[John Stuart Mill]]. Neste período o seu amigo [[Horatio Mosley Moule|Horace Moule]] deulle a coñecer os escritos de [[Charles Fourier]] e [[Auguste Comte]]. En 1867 volveu a Dochester para traballar de novo con Hicks e nese ano comezou a escribir a súa primeira novela, hoxe desaparecida, que tiña como título ''The Poor Man and the Lady''. Despois da morte de Hicks trasladouse a Weymouth para traballar co seu sucesor, Crickmay. En 1870 durante unha estadía en [[Cornualles]] para restaurar unha igrexa coñeceu á que sería a súa dona, [[Emma Lavinia Gifford]], casando en 1874.<ref>Hardy, Emma (1961) ''Some Recollections by Emma Hardy; with some relevant poems by Thomas Hardy''; ed. by Evelyn Hardy & R. Gittings. London: Oxford University Press</ref> En 1871 publicou de forma anónima a súa primeira novela, ''Desesperate Remedies'' que comezara a escribir dous anos antes. Seguíronlle ''Under the Greenwood Tree'' (1872), ''A Pair of Blue Eyes'' (1873) e ''Far from the Madding Crowd'' (1874), a primeira que tivo éxito e que lle permitiu deixar a arquitectura centrándose en escribir.
 
== Obra ==
Liña 18:
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Hardy, Thomas}}
[[Categoría:Nados en 1840]]
[[Categoría:Finados en 1928]]
Liña 24 ⟶ 25:
[[Categoría:Novelistas]]
[[Categoría:Poetas]]
{{ORDENAR:Hardy, Thomas}}