Universidade de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Historia: os miles sepáranse con  
Sen resumo de edición
Liña 21:
A Universidade de Vigo conta con tres campus en diversas poboacións do territorio galego: [[Vigo]], [[Ourense]] e [[Pontevedra]].
 
O Campus de Vigo atópase distribuído en diversas sedes sendo a principal a cidade universitaria de Lagoas-Marcosende situada na periferia da urbe, non obstante, no centro da mesma antedita sitúase a chamada Sede Cidade asentada nun edificio da década de 1930 deseñado polo arquitecto vigués [[Jenaro de la Fuente Álvarez]]. Este edificio está situado na rúa Conde de Torrecedeira, coñecido durante moito tempo como Escola de Peritos Industriais é hoxe parte da Escola de Enxeñaría Industrial da UVIGO.
 
O [[Campus Universitario de Pontevedra|Campus de Pontevedra]] dispón de varios espazos dentro da cidade homónima. Posúe un campus central coñecido como A Xunqueira sito na zona norte da vila, alén de diversas facultades no centro da cidade. A sede do vicerreitorado está enclavada na [[Casa das Campás]], un edificio histórico de propiedade municipal cedido para uso da Universidade de Vigo.