Pináceas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Filoxenia: ligazón
Liña 58:
Datos moi congruentes estruturais e inmunolóxicos das proteínas da semente dividen Pinaceae en dúas subfamilias, Abietoideae e Pinoideae. Abietoideae inclúe a ''Abies, Cedrus, Keteleeria, Pseudolarix'' e ''Tsuga'', mentres que Pinoideae inclúe a ''Cathaya, Larix, Picea, Pinus'' e ''Pseudotsuga''. A análise filoxenética de 3 xenes (''mat''K do cloroplasto, ''nad''5 da mitocondria, e ''4CL'' do núcleo) está de acordo con esta partición fundamental da familia agás en que ''Cedrus'' é irmán do resto da familia. Pinoideae está sostida por moitas sinapomorfías (ausencia de canles de resina no tegumento da semente, ausencia da base adelgazada, pedicilada das escamas dos conos, e presenza de dúas canles de resina no cilindro vascular da raíz principal cando é novo) e contén dous clados, ''Pseudotsuga'' e ''Larix'', por unha banda, e ''Cathaya, Picea'' e ''Pinus'' polo outro. Abietoideae na súa [[filoxenia molecular]] ten dous sets de clados irmáns, ''Abies'' con ''Keteleeria'' e ''Pseudolarix'' con ''Tsuga''.
 
O [[xénero monotípico]] ''Nothotsuga'' está moi relacionado de preto con ''Tsuga'' e Judd ''et al.'' (2007) consideran que é mellor tratalo coma unha especie de ''Tsuga''.
 
== Taxonomía ==