Universidade de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
| web = [http://www.usc.es/ http://www.usc.es/]
}}
A '''Universidade de Santiago de Compostela''' ('''USC''') é unha institución [[Universidade|universitaria]] con sede en [[Santiago de Compostela]]. As súas orixes datan de finais do [[século XV]], sendo a primeira [[Universidade]] fundada en [[Galiza]] e a sexta en [[España]]. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas. Uns consideran a fundación como o momento no que se instauran algún tipo de estudos, segundo este criterio a USC fúndase en [[1495]], o que a converte na sexta universidade española máis antiga despois das de [[Universidade de Salamanca|Salamanca]], [[Universidade Complutense de Madrid|Complutense]], [[Universidade de Valladolid|Valladolid]], [[Universidade de Barcelona|Barcelona]] e [[Universidade de Zaragoza|Zaragoza]].<ref>[http://www.protocolo.org/ceremonial/protocolo_universitario/historia_de_las_universidades_origen_del_termino_precedencia_de_las_universidades_espanolas.html Precedencia de las universidades españolas] en protocolo.org {{Es}}</ref>. Outros toman como data fundacional o ano en que é recoñecida pola [[Igrexa Católica|Igrexa]] ou algunha [[Autoridade]] civil, de acordo con este criterio a USC foi fundada en [[1504]] pero continúa sendo a sexta máis antiga de España gañando en antigüidade á de Zaragoza mais perdéndoa coa de [[Universidade de Valencia|Valencia]].<ref>[http://personal.us.es/alporu/historia/funda_univ_esp.htm Fundación de las universidades españolas actuales] na web da Universidade de Sevilla. {{Es}}</ref>.
 
En [[1990]] a partir da Universidade de Santiago creáronse as [[Universidade da Coruña|Universidades da Coruña]] e de [[Universidade de Vigo|Vigo]]. No ano [[2012]] contaba con dous campus universitarios (Campus de [[Santiago de Compostela|Santiago]] -dividido en Histórico, Norte e Sur-, e Campus de [[Lugo]]) cun total de 23 Facultades e 2 Escolas Técnicas Superiores.<ref name="centros">[http://www.usc.es/gl/centros/ Relación de Centros da USC]</ref>.
 
Durante o curso 2011-12 o número de estudantes matriculados ascendía a 28.138, dos cales 24.758 correspondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclos e Grado, 1.677 a másteres oficiais e 1.703<ref>Datos provisionais a 21/03/2012</ref> a outros estudos (titulacións e másteres propios, cursos de especialización, cursos de formación continua e 4º ciclo).<ref name="estudantes"/>
Liña 21:
== Historia ==
===Orixes<ref>{{Cita libro |título= Gallaecia Fulget: cinco séculos de historia universitaria. Catálogo da exposición do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela |nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 1995 |editor= USC |localización= Santiago de Compostela |isbn= 84-8121-304-7 |páxina= |páxinas= 102-104 |dataacceso=10 de decembro de 2012 |url= http://books.google.es/books?id=A_e90mnTYugC&pg=PA94&dq=gallaecia+fulget&hl=es&sa=X&ei=UofCUPH8A6u00QX57IBw&ved=0CDMQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false}}</ref>===
[[Ficheiro:Santiago_Pazo_de_Fonseca_5.jpg|Entrada principal do [[Colexio de San Xerome]], sede do reitorado.|222px|miniatura]]
A finais do [[século XV]] o [[notario]] e rexedor compostelán [[Lopo Gómez de Marzoa]] promoveu a creación en [[Santiago de Compostela|Santiago]] dun '''Colexio de Estudantes Pobres''', motivo polo cal se dirixiu ao [[abade]] do bieito [[mosteiro de San Martiño Pinario]] frei [[Juan de Melgar]] na procura do seu apoio.
 
Liña 47:
 
=== A Universidade Ilustrada<ref>{{Cita libro |título= Historia de Galiza |nome= Xosé Carlos |apelidos= [[Xosé Carlos Bermejo Barrera|Bermejo]] |ligazónautor= |coautores= [[María del Carmen Pallares Méndez|M.C. Pallares]], [[Xosé Manuel Pérez García|X.M. Pérez]], [[Ermelindo Portela Silva|E. Portela]], [[Xosé Manuel Vázquez Varela|X.M. Vázquez]], [[Ramón Villares|R. Villares]] |ano= 1980 |editor= Alhambra |localización= Madrid |isbn= 84-205-0758-X |páxina= |páxinas= 206-207 }}</ref>===
[[Ficheiro:Charles III, 1786-88.jpg|miniatura|Retrato feito por [[Goya]] de [[Carlos III de España|Carlos III]], quen nomea ''rexia'' á Universidade de Santiago (Colección [[BBVA]]).]]
Durante a maior parte do [[Antigo Réxime]] a universidade galega vai permanecer cinguida nos seus moldes [[escolástico]]s e [[Tradicionalismo|tradicionais]], inmune aos aires renovadores da [[Ilustración]] que influiron, aínda que levemente, noutras universidades españolas. O [[Colexio maior]] de Santiago Alfeo ou de Fonseca, reduto das principais familias do [[Reino de Galicia|Reino]], exercía un control case absoluto na adxudicación das cátedras (entre [[1685]] e [[1748]] coparon o 74% delas). Mesmo chegouse a abandonar a cátedra de [[Matemáticas]], fundada en tempos de [[Filipe II de España|Filipe II]], por considerar o ensino desta disciplina ''perigoso e inútil''.
 
Liña 59:
 
===Século XIX<ref>{{Cita libro |título= Historia de la Universidad de Santiago de Compostela (volumen 2): El siglo XIX |nome= Xosé Ramón (coordinador) |apelidos= [[Xosé Ramón Barreiro Fernández|Barreiro Fernández]] |ligazónautor= |coautores= |ano= 2003 |editor= USC |localización= Santiago de Compostela |isbn= 84-9750-269-8 |páxina= |páxinas= 21-23, 29-44, 48-52, 83-86, 333-335, 521-526 |dataacceso=6 de decembro de 2012 |url= http://books.google.es/books?id=l1xv2usWym0C&pg=PA13&hl=es&source=gbs_toc_r&cad=4#v=onepage&q&f=false}} {{Es}}</ref>===
[[Ficheiro:Heroes1020737.jpg|miniatura|250px|Placa en lembranza do [[Batallón Literario]] na [[Praza da Quintana]] de [[Santiago de Compostela]].]]
Comeza o [[século XIX]] con aires renovadores. En [[1807]] promúlgase o Plan Xeral de Universidades, coñecido como Plan Caballero, por ser [[José Antonio Caballero]], [[Ministro de Xustiza de España|ministro de Gracia e Xustiza]], o seu impulsor. Este plan pretendía unha maior uniformidade no ensino de todas as universidades españolas desbotando algunhas ensinanzas anacrónicas. En Santiago de Compostela o Plan Caballero provocou acaloradas discusións entre quen o rexeitaba, como Teoloxía e Leis, e quen o apoiaba, como Artes. Finalmente a universidade acatou o plan, mais non tivo tempo de aplicalo inmediatamente por mor da invasión francesa.