Universidade de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
/* A Universidade Ilustrada{{Cita libro |título= Historia de Galiza |nome= Xosé Carlos |apelidos= Bermejo |ligazónautor= |coautores= M.C. Pallares, X.M. Pérez, E. Portela, X.M. Vázquez, R. Villares |ano= 1980 |editor= Alhambra |localización= Madr...
Liña 54:
Pouco despois, en [[1751]], [[Carlos III de España|Carlos III]], promulga as ''Providencias Reais'' polas cales a Universidade de Santiago de Compostela é nomeada rexia e engade ao seu [[escudo]] a coroa real sobre as armas dos reinos de [[Reino de Castela|Castela]], [[Reino de León|León]] e [[Reino de Galiza|Galiza]] e xunto aos emblemas [[Heráldica|heráldicos]] dos seus fundadores. O máis salientable destas Providencias no aspecto académico é a instauración das ensinanzas de [[Anatomía]] e [[Matemáticas]], debendo rexerse ambas as dúas polos novos criterios [[Experimentación|experimentais]].
 
O [[2 de abril]] de [[1767]] o rei Carlos III asina o [[decreto de expulsión dos xesuítas]]. O patrimonio desta orde en Santiago de Compostela pasaba por mandato real á Universidade e constituía o centro da nova universidade ilustrada. Recuperábanse tamén disciplinas cedidas a ordes relixiosas.
 
En [[1772]], ao amparo do reformismo universitario impulsado desde [[Madrid]] por [[Conde de Campomanes|Campomanes]], o claustro compostelán solicita a creación dunha cátedra de [[Física]] experimental, aínda que terá que esperar algúns anos para a súa instauración definitiva.