Camillo Benso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Camillo Benso conte di Cavour.jpg|miniatura|dereita|250 px|Camillo Benso, conde de Cavour]]
 
'''Camillo Benso''', '''conde de Cavour''', nado en [[Turín]] o [[10 de agosto]] de [[1810]] e finado o [[6 de xuño]] de [[1861]], foi un político e estadista da [[Italia]] anterior á [[Unificación de Italia|unificación]].
 
== Biografía ==
Fillo do marqués Michel Benso de Cavour e de Adèle de Sellon, dama de orixe [[suíza]]. [[Piemonte|Piemontés]] aristocrático de ideas liberais, durante a súa mocidade estudou na Academia Militar, chegando a ser oficial de Enxeñeiros. Pouco apegado á vida militar, deixou o exército e dedicouse a viaxar ao estranxeiro estudando o desenvolvemento económico dos países máis industrializados como [[Francia]] e [[Inglaterra]], documentándose en tódalas innovacións relacionadas con calquera campo. Aos 22 anos foi nomeado alcalde de Grinzane, localidade na que a súa familia tiña terras. A localidade mudou de nome e pasou a chamarse [[Grinzane Cavour]] como agradecemento a Camillo Benso, que foi o seu alcalde durante 17 anos.
 
=== Os seus comezos en política ===
En [[1847]] fixo a súa aparición na escena política como fundador, xunto a [[Cesare Balbo]] dun xornal [[Liberalismo|liberal]] moderado, o ''Risorgimento''. Foi elixido deputado ao Parlamento en xuño de [[1848]]. Perdeu o seu escano nas eleccións de xaneiro de [[1849]], pero o recuperou en marzo do mesmo ano, e non o deixaría ata a súa morte.
 
En [[1850]], tras un apaixonado discurso a favor das [[leis Siccardi]] pasou a formar parte do goberno de [[Massimo d'Azeglio]], como ministro de Agricultura, Comercio e Mariña; en [[1851]] completa o seu control da vida económica do País coa asunción das competencias da carteira de Finanzas. En [[1852]] preparou con [[Cristián Rattazzi]], principal expoñente da esquerda liberal, unha coalición que o levou en novembro do mesmo ano á Presidencia do Consello de Ministros.
 
=== Reformas económicas ===
Liña 16:
 
=== Política interna ===
En política interna foi o artífice da orde monárquica constitucional, tódalas súas reformas estaban ditadas polo seu desexo de impedir calquera tipo de insurrección democrática ou republicana. Partidario acérrimo da afirmación de [[Charles de Montalembert]], «''Igrexa libre en Estado libre''», preocupouse de redimensionar o poder da Igrexa, e promoveu a construción de fogares para a infancia, e mantivo unha loita tenaz contra os [[Compañía de Xesús|xesuítas]], que tiñan o monopolio nas tarefas educativas.
 
Conseguiu que se aprobase unha lei que suprimía as ordes monásticas contemplativas e que abolía os privilexios da ''manomorta'' e do foro eclesiástico. Esta lei provocou un grande escándalo e tropezou coa oposición do rei, quen forzou a dimisión de Cavour, na chamada crise Calabiana ([[26 de abril]] de [[1855]]). Tras uns días, con todo, o rei tivo que volver chamar a Cavour para o mesmo posto, pero o proxecto de lei tivo que ser abandonado en parte.
 
=== Política exterior e unificación de Italia ===
[[Ficheiro:Francesco Hayez 041.jpg|miniatura|esquerda|Retrato de Cavour, obra de [[Francesco Hayez]].]]
 
En política exterior foi un político hábil, aínda que ás veces estivo acompañado pola fortuna. O seu obxectivo era crear un estado forte no norte de Italia baixo a coroa da [[Casa de Savoia]], pero descubriu que para acadar ese obxectivo, o [[Piemonte]] debía obter apoios das potencias europeas. En [[1854]] estoura a [[guerra de Crimea]]: Francia e Inglaterra, aliadas con [[Turquía]], loitaban contra [[Rusia]], que facía esforzos por espallar a súa hexemonía na [[Balcáns|península balcánica]]. Cavour ofreceu a axuda do Piemonte ás grandes potencias, enviando a [[Crimea]] un corpo de exército.
 
Non resultou sinxelo obter a autorización para a expedición por parte do Parlamento de Turín: non se entendía a razón pola que piemonteses debían morrer defendendo intereses turcos nunha zona na que o Piemonte non tiña ningún interese que defender. Pero ao participar na guerra no lado dos vencedores, o Piemonte foi admitido á mesa de negociacións como aliado de dúas grandes potencias: Francia e Inglaterra.
 
En [[1856]] asinouse a paz no Congreso de [[París]], coa presenza do representante de [[Austria]]. Cavour non obtivo compensación algunha pola súa participación na guerra, pero conseguiu que unha das sesións fose adicada expresamente a discutir o problema italiano: puido así defender publicamente a idea de que a represión dos gobernos reaccionarios e a política do [[Imperio Austrohúngaro]] eran os auténticos responsables das inquietudes revolucionarias que se estaban formando en toda a península e que estas revoltas poderían constituír unha ameaza para todos os gobernos de [[Europa]].
 
Así, Cavour chamou a atención de tódalas potencias europeas sobre a cuestión italiana; para ter éxito tería que conseguir interesar polo menos de xeito especial nalgunha delas. En [[1858]] entrevistouse con [[Napoleón III]] (favorable a intervir a favor dos italianos a pesares de escapar milagrosamente con vida ao atentado do patriota emiliano [[Felice Orsini]]) en [[Plombières]] para ratificar un tratado defensivo-ofensivo fronte aos [[Habsburgo]]. En [[1859]] estoura a guerra que enfronta por unha banda a Francia e ao Piemonte e por outro a Austria. A guerra permitiu a anexión de [[Lombardía]], pero os franceses interromperon a guerra antes do previsto, asinando un armisticio con Austria no Tratado de Villafranca. Cavour, como protesta, dimitiu. Malia a oposición de [[Vítor Manuel II]], en [[1860]] Cavour volveu ocupar o cargo de Presidente do Consello.
 
Cuns estratéxicos movementos políticos e coa axuda do goberno británico, conseguiu obter o recoñecemento dos plebiscitos que se celebraron en [[Toscana]], nos ducados de [[Módena]] e [[Parma]] e nos Estados Pontificios para a anexión do Reino de Sardeña. Para continuar obtendo o apoio francés no seu proxecto, que xa era o de unificar a península italiana, cedeu a Francia a cidade de [[Niza]] e [[Actualmente ten 20.000 habitantes.Savoia]]. De xeito non explícito axudou a [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]] a organizar a expedición dos Mil, e logo, coa escusa de deter a ese perigoso revolucionario obtivo o permiso de Francia para ocupar os [[Estados Pontificios]], agás a cidade de [[Roma]].
 
Cando se uniron os exércitos, Garibaldi doou a Víctor Manuel II o sur de Italia, co que se chegou a unha reunificación parcial da península. O [[17 de marzo]] de [[1861]] Víctor Manuel II foi proclamado Rei de Italia. Cavour adicouse a unha operación diplomática a grande escala para conseguir un acordo co Papa, pero antes de chegar á conclusión morreu, probablemente de malaria, no palacio da súa familia en Turín o [[6 de xuño]] de [[1861]].
 
No transcurso do tempo dous barcos da mariña italiana levaron o nome de Cavour, en [[1915]] un barco de guerra, e en [[2004]] un [[portaavións]].
Liña 41:
* [[Pai da nación]]
 
{{ORDENAR:Benso, Camillo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Benso, Camillo}}
[[Categoría:Políticos de Italia]]
[[Categoría:Nados en Turín]]