Polinizador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m ort.
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
Un '''polinizador''' é un vector animal (axente biótico) que traslada [[pole]] da [[antera]] (órgano masculino da flor) ao [[estigma (botánica)|estigma]] (órgano feminino) permitindo que se efectúe a unión do [[gameto]] masculino no gran de pole co gameto feminino do [[óvulo (botánica)|óvulo]], proceso coñecido como [[fertilización]] ou singamia.
[[Ficheiro:Plumpollen0060.jpg|miniatura|250px|Abella ''Apis mellifera'' con pole]]
[[Ficheiro:Bumblebee closeup.jpg| thumb|250px|Abellón común ''Bombus'' sp.]]
 
== Tipos de polinizadores ==
Liña 10:
Os polinizadores máis eficientes son as [[Anthophila|abellas]] de numerosas especies, en especial a [[abella melífera]] ou abella doméstica. As abellas están altamente adaptadas á polinización porque, a diferenza dos seus parentes as avespas que son carnívoras, as abellas son vexetarianas e dependen das flores para alimentar ás súas crías. Á súa vez numerosas flores están adaptadas ás visitas das abellas no seu aroma, cor, deseño etc. É un caso de [[coevolución]].
 
Son de notar as seguintes adaptacións:
 
===== Pelos =====
As abellas son velludas, con pelos plumosos, non simples; ademais levan carga electrostática. Todo isto contribúe a que o pole se adhira aos seus corpos.
 
===== Equipo para colección de pole =====
Liña 49:
 
=== Lepidoptera ===
[[Ficheiro:Butterfly October 2007-4.jpg|miniatura| Bolboreta pieridae ''Colias'' sp.]]
Moitos Lepidópteros, ou sexa as bolboretas, bolboretas nocturnas e trazas, tamén son polinizadores. En xeral, as flores polinizadas por lepidópteros son tubulares, adaptadas ao aparello bucal das mesmas. Os seus órganos bucais forman un longo tubo especializado para libar o néctar das flores, os adultos non poden comer sólidos. Só unas poucas especies de bolboretas poden tamén alimentarse con pole, e iso soamente despois de disolver os seus nutrientes co néctar e absorbelos como líquidos. Algunhas bolboretas diúrnas polinizan flores de plantas tales como o chuchamel (''[[Lonicera]]'') e as lilas (''[[Syringa]]'').
 
Liña 65:
 
=== Aves ===
[[Ficheiro:Phaethornis longirostris.jpg|miniatura| ''Phaethornis longirostris'', Drake Bay, Costa Rica]]
Entre os paxaros, os polinizadores máis comúns, especialmente na América tropical, son os [[Trochilinae|colibríes]] ou picaflores cuxos picos e linguas están adaptados a beber o néctar de flores tubulares ou en forma de trompeta.