Antigo alto alemán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
O termo '''antigo alto alemán''' (en [[lingua alemá|alemán]]: ''Althochdeutsch'') refírese á fase máis temperá da [[lingua alemá]] e convencionalmente cobre o período desde preto do [[500]] ata o [[1050]]. Textos escritos non aparecen ata a segunda metade do [[século VIII]], aínda que algunhas palabras e nomes atopáronse en textos en [[lingua latina|latín]] antes de dita data. Por esta razón, algúns tratan o período anterior a [[750]] como 'prehistórico', e datan o principio do antigo alto alemán propiamente desde o 750.
 
A principal diferenza entre o antigo alto alemán e os [[linguas xermánicas|dialectos xermánicos]] occidentais dos que se desenvolveu, é que sufriu o segundo cambio consonántico ou ''zweite Lautverschiebung''. Isto adoita datarse moi aproximadamente desde finais do [[século V]] e principios do [[século VI]], por tanto datando o comezo do antigo alto alemán ao redor do 500. O resultado desta evolución dos sons é que o sistema de consonantes alemán permaneceu diferente de todas as outras linguas xermánicas occidentais, incluíndo o [[lingua inglesa| inglés]] e o [[lingua baixo alemá|baixo alemán]]. Gramaticalmente, con todo, o antigo alto alemán permaneceu moi similar ao [[lingua anglosaxoa|inglés antigo]] e ao [[lingua saxoa|saxón]] antigo.
 
Cara á metade do [[século XI]], as numerosas [[vogal|vogais]] diferentes que se atopaban en sílabas sen énfase reducíronse todas a 'e'. Xa que estas vogais eran parte das terminacións gramaticais nos [[substantivo]]s e [[verbo]]s, a súa perda levou a unha radical simplificación da gramática [[Flexión (lingüística)|flexional]] do alemán. Por conseguinte, o ano 1050 considérase como o principio do período do [[alto alemán medio]], aínda que case non houbo textos en alemán durante os seguinte cen anos.
Liña 20:
[[Ficheiro:OldHighGermanlanguagearea962.png|dereita|260px|miniatura|Área onde se falou o antigo alto alemán no [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] arredor do [[950]].]]
Non había un estándar ou unha variedade suprarrexional do antigo alto alemán. Cada texto está escrito nun dialecto en particular, ou nalgúns casos nunha mestura deles. En xeral, as principais divisións dos dialectos do antigo alto alemán parecen ser similares ás dos períodos posteriores e están baseadas en grupos territoriais establecidos e nos efectos da ''zweite Lautverschiebung'', que permaneceron ata o día de hoxe. Pero debido a que a evidencia directa sobre o antigo alto alemán consiste soamente en [[manuscrito]]s producidos nalgúns poucos importantes centros eclesiásticos, non hai información de [[isoglosa]]s do tipo no que se basean os mapas dialectais modernos. Por esta razón, os dialectos do antigo alto alemán poden cualificarse como dialectos de mosteiro.
Os principais dialectos do antigo alto alemán, coas súas respectivas [[diocese|dioceses]]s e [[mosteiro]]s:
* Alemán central
** Franco medio: [[Tréveris]], Echternach, [[Colonia (Renania do Norte-Westfalia)|Colonia]].
Liña 124:
* [http://www.litlinks.it/a/althochdeutsch.htm LiTLiNks: althochdeutche Texte] - Lista de textos en antigo alto alemán con ligazóns a versións en liña.
* [http://web.usal.es/~raulsanchez/sprachgeschichte.html Introdución á Historia da Lingua Alemá] {{es}}
 
 
[[Categoría:Linguas mortas]]
[[Categoría:linguaLingua alemá]]
[[Categoría:linguasLinguas xermánicas]]