Historia da informática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 72:
[[Ficheiro:JohnvonNeumann-LosAlamos.jpg|miniatura|150px|[[John von Neumann]]]]
[[John Von Neumann]] propuxo unha versión modificada do ENIAC; o [[EDVAC]], que se construíu en [[1952]]. Esta máquina presentaba dúas importantes diferenzas respecto ao ENIAC: En primeiro lugar empregaba aritmética [[Código binario|binaria]], o que simplificaba enormemente os [[circuíto electrónico|circuítos electrónicos]] de cálculo. En segundo lugar, permitía traballar cun programa almacenado.
 
Von Neumann propuxo cablear unha serie de instrucións e facer que estas se executasen baixo un control central. Ademais propuxo que os códigos de operación que habían de controlar as operacións almacenásense de modo similar aos [[dato]]s en forma binaria. Deste xeito o EDVAC non necesitaba unha modificación do cableado para cada novo programa, podendo procesar instrucións tan rápido como os datos. Ademais, o programa podía modificarse a si mesmo, xa que as instrucións almacenadas, como datos, podían ser manipuladas [[aritmética|aritmeticamente]].
Liña 121:
A organización ARPA xunto coa compañía [[Rand Corporation]] desenvolveu unha rede sen nodos centrais baseada en conmutación de paquetes tal e como propuxera Paul Baran. A información dividíase en paquetes e cada paquete contiña a dirección de orixe, a de destino, o número de secuencia e unha certa información. Os paquetes ao chegar ao destino ordenábanse segundo o número de secuencia e xuntábanse para dar lugar á información. Ao viaxar paquetes pola rede, era máis difícil perder datos xa que, se un paquete concreto non chegaba ao destino ou chegaba defectuoso, o computador que debía recibir a información só tiña que solicitar ao computador emisor o paquete que lle faltaba. O protocolo de comunicacións chamouse [[NCP]]. Esta rede tamén incluíu un gran nivel de redundancia (repetición) para facela máis confiable.
 
ARPANET conectou os ordenadores centrais vía ordenadores de pasarela pequenos, ou "[[router]]s", coñecidos como Interface Message Processors (IMPs). O [[1 de setembro]] de [[1969]] o primeiro IMP chegou a [[UCLA]]. Un mes despois o segundo foi instalado en [[Stanford]]. Despois en [[Santa Barbara ]] e despois na [[Universidade de Utah]].
 
=== Anos 70 ===
Liña 177:
'''[[1984]]'''
 
IBM presenta o [[IBM AT]], un sistema con procesador [[Intel 286]], [[bus de expansión]] de 16 [[bit]]s e 6 [[Hertz|MHz]] de velocidade. Tiña 512 [[KB]] de memoria [[Memoria de acceso aleatorio|RAM]], un disco duro de 20 [[megabit|Mb]] e un monitor monocromático.
 
Apple Computer presenta o seu Macintosh 128K co sistema operativo [[Mac VOS]], o cal introduce a [[Interface gráfica de usuario|interface gráfica]] ideada por [[Xerox]].
Liña 232:
 
{{ORDENAR:informática}}
 
[[Categoría:Historia temática]]
[[Categoría:Historia da informática]]