André Masséna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:André Masséna (1758-1817).jpg|miniatura|André Masséna]]
'''André Masséna''', nado o 6 de maio de [[1758]] en [[Niza]] e finado o 4 de abril de [[1817|1817 en París]], foi un militar francés, duque de Rivoli, príncipe de Essling e mariscal do Imperio Francés.
 
Nomeado xeneral en [[1793|1793,]], co exército de [[Italia]] participou nas batallas de Millesimo, Montenotte, [[Dego]], Castiglione e da ponte de Arcola, e a súa intervención decidiu as batallas de Lodi e de Rivoli. En setembro de [[1799]] derrotou o exército ruso do xeneral [[Alexander Korsakov]] na segunda batalla de [[Zürich|Zúric]]<ref>Nafziger, George F. [http://books.google.cat/books?id=Dcr7Zt2FEPoC&pg=PA266&dq=1799+Soult+zurich&hl=ca&sa=X&ei=Ve87VMu8NI_taI7UgKgL&ved=0CB4Q6AEwAA#v=onepage&q=1799%20Soult%20zurich&f=false ''Historical Dictionary of the Napoleonic Era'']&#x20;(en inglés).&#x20; </ref> e o ano seguinte defendeu a cidade de [[Xénova]] durante un longo asedio. A súa resistencia permitiulle a [[Napoleón I de Francia|Napoleón Bonaparte]] facer chegar a [[Italia]] as tropas coas que venceu na [[batalla de Marengo]]. En [[1804]] rebiciu o cargo de mariscal do Imperio. Participou nas campañas de [[Polonia]] en [[1807]], e en [[1809]] combateu as tropas da [[Guerras Napoleónicas|quinta coalición]], distinguíndose na batalla de Aspern-Essling, na de [[Batalla de Wagram|Wagram]] e na de Znaim.
 
En [[1810]], foi destinado á [[península Ibérica]], onde comezou capturando [[Ciudad Rodrigo]] despois dun asedio. Xa dentro de [[Portugal]] foi derrotado por [[Arthur Wellesley, duque de Wellington|Wellington]] na [[batalla de Buçaco]] o [[27 de setembro]], ao non poder romper as liñas anglo-portuguesas en [[Torres Vedras]], e as súas tropas van quedaron inmobilizadas durante meses. Foi vencido novamente en [[Sabugal]] o [[3 de abril]] de [[1811]]. Retirouse e entregou ao inimigo a batalla de [[Fuentes de Oñoro]], preto de [[Salamanca]]. Finalmente caeu en desgraza e tivo que ceder o mando do exército ao [[Auguste Marmont|xeneral Marmont]] e acabar aceptando un cargo local en [[Marsella]].