Joseph Lister: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Joseph Lister.jpg|miniatura|250px|Joseph Lister]]
'''Joseph Lister, 1º Barón de Lister''' [[Orde do Mérito (Reino Unido)|OM]] [[Royal Society|FRS]] [[Privy Council of the United Kingdom|PC]], nacido en [[Upton]] ([[Essex]]) o [[5 de abril]] de [[1827]] e falecido en [[Walmer]] ([[Kent, Inglaterra|Kent]]) o [[10 de febreiro]] de [[1912]], coñecido como '''Sir Joseph Lister, Bt''', foi un [[cirurxía|ciruxián]] [[Inglaterra|inglés]].
 
Nacido nunha próspera familia [[cuáqueros|cuáquera]] de [[Upton]], [[Essex]], os seus pais foron Joseph Jackson Lister (un dos pioneiros no uso do [[microscopio]] composto) e Isabella Harris.
Liña 6:
== Traxectoria ==
 
Joseph Lister entrou na universidade de [[Londres]], unha das poucas universidades que admitían aos cuáqueros naquelas datas. Estudou inicialmente [[arte]], pero aos 25 anos entrou na Universidade Real de Cirurxía.
 
En marzo de [[1867]], xa médico-cirurxián, tivo a brillante idea de xuntar a proposta exitosa de [[Ignacio Felipe Semmelweis|Semmelweis]] cos recentemente adquiridos coñecementos de [[Louis Pasteur]]. Até os estudos de Lister sobre os [[antiséptico]]s a maioría da xente cría na teoría das [[miasma]]s, que se encontrarían no aire, como as responsábeis das infeccións.
 
Joseph Lister decatouse de que a putrefacción das feridas cirúrxicas causaba unha alta mortalidade nos hospitais. Coñecedor dos traballos de Louis Pasteur sobre que a fermentación e a putrefacción podían ocorrer en condicións anaeróbicas se había alí microorganismos, para evitar infeccións experimentou co terceiro método de loita contra es infeccións proposto por Pasteur, que era o método químico.
 
Mentres traballaba no ''Glasgow Royal Infirmary'', desenvolveu mediante a utilización da [[calor]] a práctica cirúrxica da [[asepsia]], e tamén a da [[antisepsia]], mellorando notabelmente a situación postoperatoria dos pacientes. Introduciu con éxito o ''ácido carbólico'' (actualmente denominado [[fenol]]) para esterilizar os instrumentos cirúrxicos, limpar as feridas e lavar as mans dos cirurxiáns.
 
Lister publicou en ''[[The Lancet]]'' un artigo no que propoñía a orixe bacteriana da infección nas feridas e métodos para loitar contra ela, especialmente o uso do fenol. O efecto foi espectacular; os procedementos cirúrxicos que antes eran case unha sentenza de morte por infección, convertéronse en rutina.
Liña 35:
* En [[1965]] os correos británicos imprimiron dous selos coa súa imaxe, pola súa contribución á cirurxía antiséptica.
* Lister é un dos dous cirurxiáns do Reino Unido que ten un monumento público en Londres (o outro é John Hunter). Tamén hai unha estatua de Lister no ''Kelvingrove Park'' de [[Glasgow]], en memoria da súa ligazón coa cidade.
* Un edifico do ''Glasgow Royal Infirmary'', coa departamentos de citopatoloxía, microbioloxía e patoloxía leva o seu nome para recoñecer o seu traballo nese hospital.
 
== Véxase tamén ==
Liña 53:
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Lister, Joseph}}
[[Categoría:Médicos de Inglaterra]]
[[Categoría:Nados en 1827]]
[[Categoría:Nados en Essex]]
[[Categoría:Finados en 1912]]
{{ORDENAR:Lister, Joseph}}