Premio Galicia 1970: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
O certame estaba destinado a galardoar a composicións exclusivamente en prosa. Así, o xurado encargado de cualificar as doce novelas que se presentaron estivo constituído, segundo desexo da entidade promotora do mesmo, por representantes da [[Real Academia Galega]] e da [[editorial Castrelos]] e da [[editorial Galaxia]]. Este comité foi presidido por Sebastián Martinez-Risco y Macías. Reuníronse no salón de sesións da Academia e se dictou fallo o día 16 de outubro<ref>2 http://academia.gal/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=251</ref>.
 
Segundo as fontes consultadas<ref>3 http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/02/20/971547.shtml</ref>, algunhas das obras presentadas ao certame foron ''Adiós, María'' de [[Xohana Torres|Xohana Torrres]], gañadora; ''[[Xente ao lonxe]]'', de [[Eduardo Blanco Amor]]; ''O silencio redimido'', de Silvio Santiago e ''O mesón do birollo'', de [[José Fariña Jamardo]].
 
=== Polémica ===
En torno a este premio, que foi gañado por Xohana Torres coa obra ''Adiós, María'', xeráronse varias polémicas. En primeiro lugar, Eduardo Blanco Amor, outro dos propostos, considerou inadecuada a elección da gañadora debido á falta de transparencia por parte do xurado, quen se sospeitaba que non lía na súa totalidade algunhas das novelas propostas. Como o propio Blanco Amor declarou, ''“No, no fue finalista. Ni siquiera la consideraron. Envié cinco ejemplares, dos de ellos pegados, y me los devolvieron en las mismas condiciones. Creían que algunas cosas eran obscenas”''
 
Ademais, houbo outra controversia<ref>4 http://palavracomum.com/2016/01/11/unha-polemica-sobre-narrativa-galega-na-revista-madrilena-triunfo-por-xesus-gonzalez-gomez/#more-7528</ref> arredor das figuras de [[Perfecto Conde Muruais]] e Juan Soto. O primeiro escribe unha recensión, ''Hacia el desarrollo de la novela gallega'', no número 484<ref>1 http://www.triunfodigital.com/mostradorn.php?a%F1o=XXVI&num=484&imagen=46&fecha=1972-01-08</ref> da [[revista Triunfo]] do 8 de xaneiro de 1972, na cal afirmaba, a propósito do Premio Galicia e da galardoada Xohana Torres, que dita novela estaba sobrevalorada e consideraba que o premio debería ter sido outorgado a Blanco Amor. Como contestación a esta recensión, Soto enviou unha carta na cal critica a posición de Murais e mesmo cuestiona a existencia dunha novela galega. El considera que ''Adiós, María'' é unha obra presuntuosa que procura achegarse á nova literatura hispanoamericana do momento. Así mesmo, táchaa de tópica e banal, considerando que existían moitas outras obras merecedoras do recoñecemento, como por exemplo ''O silencio redimido'' de Silvio Santiago.
 
==Véxase tamén==