Universidade de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 12:
 
== Historia==
O antecedente directo da institución foi o chamado Colexio Universitario de Vigo, coacreado tras a aprobación en 1972 da construción do citado no Monte das Lagoas (Marcosende), e baixo o patrocinio da [[Caixa de Aforros de Vigo]]. No curso 1977-78 iniciáronse as clases nas tres titulacións que naquel entón se ofrecían: Ciencias Químicas e Biolóxicas, Económicas e Filoloxía. Dous anos despois do comezo da docencia na institución a Universidade de Compostela integrou os estudos impartidos en Vigo baixo a súa tutela administrativa e académica.
 
A [[s:Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia|Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia]] reordenou o panorama universitario da comunidade autónoma. A Universidade de Vigo foi constituída como tal en 1990 tras a súa segregación da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. O primeiro reitor (1990-1994) foi o enxeñeiro químico [[Luís Espada Recarey]] que sería substituído no cargo polo profesor [[José Antonio Rodríguez Vázquez]] (1994-1998). Entre os anos 1998 e 2006 o posto estivo en mans do catedrático redondelán [[Domingo Docampo Amoedo]] ao que seguiu [[Alberto Gago Rodríguez]], reitor da institución desde 2006 ata 2010.
 
A Universidade acadou o maior número de matrículas no curso 1999-2000 (29 000 alumnos/as), desde entón houbo un continuo descenso do alumnado. En 2006 contaba con 2126321 263 matriculados/as (12 820 no Campus de Vigo, 4 991 no de Ourense e 3 452 no de Pontevedra). No curso 2014-15 o número total de estudantes ascendía a 21 776.<ref>{{Cita web|url=https://www.uvigo.gal/uvigo_gl/transparencia/resultados/datos-academicos-xerais.html|apelidos=Vigo|nome=Universidade de|páxina-web=www.uvigo.gal|título=Datos académicos xerais - Universidade de Vigo|data-acceso=15-4-2016}}</ref>.
 
== Campus ==
Liña 77:
 
== Estrutura de goberno ==
O 20 de maio de [[2010]] celebráronse eleccións ao reitorado con dúas candidaturas: Nova Universidade, liderada por [[Jaime Cabeza Pereiro]], e Alternativa Universitaria, liderada por Salustiano Mato. Esta última resultou a vencedora na cita electoral acadando o 52,6 % dos votos<ref>[http://vieiros.com/nova/79653/salustiano-mato-sera-o-reitor-da-universidade-de-vigo "Salustiano Mato será o reitor da Universidade de Vigo"], artigo en ''[[Vieiros]]'', 21 de maio de 2010.</ref>. No ano 2014 Salustiano Mato, actual reitor da institución, presentou a súa candidatura por Nova Universidade e obtivo a reelección por 751 votos nuns comicios aos que acudía como único candidato. Desde o 4 de xullo de 2014 a xunta de goberno da universidade está composta por:
* Reitor: [[Salustiano Mato de la Iglesia]]
* Vicerreitoría de Planificación e Economía: José Manuel García Vázquez