Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Esixir, non "exixir"
Liña 33:
== Creación do Goberno Provisional ==
[[Ficheiro:Г. Е. Львов.jpg|[[Georgii Lvov]], prestixioso liberal e primeiro presidente do Goberno Provisional trala [[Revolución de Febreiro]].|miniatura|200px|esquerda]]
O [[Comité provisional da Duma Estatal]] invitou o comité executivo do [[Soviet de Petrogrado]] a tratar a situación política o {{xulgregdata|14|3|1917}} e reuníronse esa mesma tarde.<ref name="basil29">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 29</ref><ref name="wade5">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 5</ref> Para entón o comité executivo provisional do soviet xa decidira non ingresar no novo Goberno; a toma do poder non se formulara.<ref name="ferro90"/> A reunión foi cordial entre os [[menxevique]]s [[Nikolai Chjeidze]], Sujanov e Sokolov, e os liberais [[Pavel Miliukov]], [[Aleksandr Guchkov]] e [[Georgii Lvov]]. Os primeiros mostráronse dispostos a ceder o Goberno aos segundos e manterse fora<ref name="ferro90">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 90</ref> do novo Consello de Ministros.<ref name="basil29"/> A cambio do apoio dos socialistas,<ref name="wade5"/> estes exixironesixiron a promulgación de dereitos civís<ref name="wade5"/><ref name="ferro90"/><ref name="wade48"/> (de asociación, de formación de partidos políticos, de liberdade de prensa...).<ref name="basil29"/> Debía liberarse ademais os presos políticos,<ref name="ferro90"/> estenderse os dereitos civís aos soldados e convocarse canto antes unha [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]].<ref name="basil29"/><ref name="ferro90"/><ref name="wade48"/><ref name="kochan183">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 183</ref> Esta debía elixirse por sufraxio universal, directo, igualitario e secreto, e definiría a Constitución do país e a súa forma de Goberno (proclama do {{xulgregdata|16|3|1917|corto=true}}, ao día seguinte da formación do novo Consello de Ministros<ref name="wade53"/>).<ref name="kochan183"/><ref name="vnloewe172">[[#Bibliografía|Von Loewe (1967)]], p. 172</ref> O soviet da capital ofreceu publicamente o seu apoio<ref name="ferro93">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 93</ref> ao novo Goberno mentres se ativese ao acordo pactado,<ref name="ferro90"/><ref name="wade48"/> pero rexeitou entrar no mesmo.<ref name="vnloewe172"/> O Comité Executivo do soviet rexeitou a proposta dos deputados da [[Duma|Duma Imperial de Rusia]] para incluír a Chjeidze e Kerenskii no novo gabinete,<ref name="wade5"/> aínda que Kerenskii aceptouna pola súa conta e logrou máis tarde o respaldo do pleno do soviet ao día seguinte.<ref name="wade48">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 48</ref><ref name="wade6"/> O soviet consideraba que a revolución fora burguesa e que, sendo así, os socialistas non debían formar parte do Goberno.<ref name="wade48"/><ref name="wade6">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 6</ref> Este quedou entón formado por liberais, conservadores moderados e Kerenskii.<ref name="wade48"/>
 
Cando o [[tsar]] [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] abdicou o {{xulgregdata|15|3|1917}} e o seu irmán [[Miguel Aleksandrovich Romanov|o Gran Duque Miguel]], rexeitou o trono ao día seguinte, o Goberno Provisional comezou a rexer o [[Imperio Ruso]] de xeito formal, pero o seu poder estaba realmente limitado pola crecente autoridade do [[Soviet de Petrogrado]].<ref name="rabinowitch29">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 29</ref>
Liña 79:
Desde que na [[crise de abril (1917)|crise de abril]], as tropas da guarnición da capital —uns 180&nbsp;000 soldados, máis outros 152&nbsp;000 nas localidades próximas<ref name="wade100"/>— seguisen as ordes do [[Soviet de Petrogrado]]<ref name="uldricks617"/> e non as do xeneral [[Lavr Kornilov]], comandante da mesma, o Goberno non tivo máis remedio que tratar coas unidades de Petrogrado a través do soviet.<ref name="rabinowitch49"/> O Goberno non contaba en realidade con tropas realmente fieis: as unidades revolucionarias tendían a seguir as directrices dos grupos de extrema esquerda.<ref name="mosse106">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 106</ref><ref name="ferro335">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 335</ref> Os intentos, ilegais, do propio Goberno de frear a propaganda derrotista dos xornais entre as tropas, resultaron inútiles.<ref name="pethybridge134">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 134</ref> A finais de xullo, o gabinete restaurou a censura militar na prensa a petición do alto mando, e ante a súa ineficacia, tratou de eliminar a prensa derrotista.<ref name="pethybridge135">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 135</ref> A propaganda derrotista, principalmente bolxevique, era moito máis eficaz que a do Goberno, que rara vez chegaba aos soldados, e era moito máis próxima aos sentimentos destes, os máis afectados pola guerra.<ref name="pethybridge160">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 160</ref> Foi o propio propio Goberno, porén, o que permitiu a discusión política aos soldados que non estivesen de servizo, por presión da esquerda e contra a opinión dos mandos. A posibilidade de debater, a propaganda derrotista, e a crise de avituallamento da fronte fixeron que o extremismo político de esquerda se estendese rapidamente entre as tropas.<ref name="pethybridge162">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 162</ref>
 
Como no caso de outros grupos, as exixenciasesixencias dos soldados —uns sete millóns na fronte e outros dous millóns e medio nas guarnicións de retagarda<ref name="wade100"/>— ao comezo da revolución eran moderadas, centradas principalmente na democratización do Exército e a fin dos privilexios dos oficiais e da humillación das tropas.<ref name="uldricks617">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 617</ref> A incapacidade do groso dos mandos para adaptarse á nova situación, o respaldo do Goberno aos oficiais, e a fundada sospeita de que as chamadas a recuperar a disciplina militar e a preparación dunha ofensiva tiñan ademais unha segunda intención contrarrevolucionaria levou ao descrédito do Goberno entre os soldados.<ref name="uldricks617"/> A guarnición de Petrogrado, oposta desde o comezo á continuación da guerra, foi perdendo a súa inicial confianza e apoio cara os dirixentes socialistas moderados ante a falta de reformas.<ref name="uldricks617"/> O errado [[golpe de Kornilov]] a principios do outono acelerou definitivamente o proceso de oposición das tropas ao Goberno de coalición social-liberal e a exixenciaesixencia de que o soviet tomase o poder.<ref name="uldricks618">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 618</ref>
 
Na fronte, as malas condicións das tropas pola falta de recursos fixo crecer as desercións; na súa maioría "campesiños uniformados". Moitos dos desertores regresaron ás súas aldeas levando con eles o radicalismo que xa crecía nas cidades e que se estendeu deste xeito polas provincias do [[Imperio Ruso|Imperio]].<ref name="pethybridge391"/> Ademais dos axitadores bolxeviques que o partido enviaba ás provincias, os soldados de permiso ou que desertaran actuaban tamén como propagandistas das posicións extremistas en asuntos políticos e sociais, a miúdo con grande efecto nas poboacións do agro ruso.<ref name="pethybridge166">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 166</ref> As desercións eran numerosas xa incluso na primavera: na fronte suroeste calculábanse uns dous mil soldados desertores nos ferrocarrís aos día a mediados de abril.<ref name="pethybridge174">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 174</ref> A chegada dos desertores ás guarnicións da retagarda afectou á moral destas, ademais de influír no campo. No outono, contábanse arredor dos dous millóns deles por todo o país.<ref name="pethybridge174"/>
Liña 87:
A paz era o principal problema do país, a súa ausencia impedía atender outros ou satisfacer as aspiracións da poboación.<ref name="wade287">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 287</ref> Dado o desexo de paz da poboación, pero a súa oposición inicial a unha rendición incondicional ou a unha paz separada cos [[Imperios centrais]], ao comezo do período revolucionario a actitude con maior respaldo resultou ser a dos ''defensistas'' revolucionarios, que avogaban por unha paz sen anexións e a defensa de Rusia mentres se alcanzaba.<ref name="wade37"/> Esta actitude, representada principalmente polo menxevique [[Irakli Tsereteli]], foi rápidamente adoptada pola maioría do [[Soviet de Petrogrado]] e permitiu aos seus seguidores dominar o órgano.<ref name="wade38">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 38</ref> Unha vez controlado o Soviet, os ''defensistas'' propuxéronse impoñer ao Goberno o seu plan de paz, o que levou á primeira crise de Goberno pola oposición de Miliukov a aceptar os obxectivos dos ''defensistas'' revolucionarios e a súa defensa da continuación dos combates ata a vitoria.<ref name="wade38"/> Miliukov defendía o mantemento dos obxectivos bélicos do antigo réxime [[tsar]]ista.<ref name="mosse105"/> Os ministros de Defensa, primeiro Guchkov e máis tarde [[Aleksandr Kerenskii]], apoiaron a continuación da participación rusa na [[Primeira Guerra Mundial|contenda]].<ref name="mosse105"/>
 
Os dirixentes [[menxevique]]s que controlaban o [[Soviet de Petrogrado|soviet da capital]], propuxeron a firma dunha paz sen anexións nin indemnizacións, para o que levaron a cabo unha actividade paralela<ref name="wade38"/> no Soviet e no Goberno desde o seu ingreso neste en maio.<ref name="basil73"/> O seu plan consistía na reconstitución da [[Internacional socialista]] <ref name="wade39">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 39</ref> e posteriormente na convocatoria dunha conferencia<ref name="wade38"/> socialista en [[Estocolmo]] que debía conducir ao apartamento do poder das burguesías nacionais e a toma do poder dos socialistas, a firma da paz, e o xurdimento dunha nova orde económica e social nas distintas nacións.<ref name="basil73"/> Para isto necesitaban a cooperación dos socialistas dos resto de países belixerantes<ref name="wade40">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 40</ref> e dos seus Gobernos.<ref name="basil73"/> Porén, os socialistas Aliados que acudiron a Rusia trala [[Revolución de Febreiro]], estaban máis interesados en reforzar o esforzo bélico ruso que nas propostas de paz do soviet.<ref name="basil74">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 74</ref> As condicións impostas polos socialistas dos países Aliados negaban na práctica reticente aquiescencia á convocatoria da conferencia socialista<ref name="ferro323">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 323</ref> proposta polos rusos.<ref name="wade60">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 60</ref> O acordo entre o soviet e aqueles resultou imposible,<ref name="wade41">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 41</ref> o que imposibilitou o rexurdimento da Internacional e fixo fracasar o plan de paz.<ref name="basil81"/> Os Gobernos Aliados, pola súa banda, tampouco se mostraron dispostos a cooperar<ref name="wade172">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 172</ref> e prohibiron a viaxe dos seus cidadáns a [[Estocolmo]] (franceses, italianos e estadounidenses a finais de maio e comezos de xuño, máis tarde os británicos<ref name="wade62"/>).<ref name="wade41"/><ref name="basil81">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 81</ref><ref name="wade62">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 62</ref><ref name="ferro333">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 333</ref> Dada a intención do [[Soviet de Petrogrado]] de continuar a defensa do país ata a consecución da paz desexada,<ref name="basil71"/> o fracaso das súas propostas de paz levou a que a belixerancia de Rusia continuase. O Goberno, enfrontado á hostilidade Aliada aos plans de paz, limitouse a calmar á opinión pública rusa e dar sensación de actividade, pero sen avance real algún xa a comezos do verán.<ref name="wade42">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 42</ref> O temor á hexemonía alemá, a sospeita de que Rusia xa non era considerada un aliado útil polos seus aliados da [[Tripla Entente]] e o apego á alianza co [[Reino Unido]] e [[Francia]] fixeron que o Goberno non planificara presentar un ultimato, ameazando con abandonar o conflito no caso de que non se satisfixesen as súas exixenciasesixencias de paz.<ref name="wade42"/>
 
En parte para reforzar a súa posición negociadora, tanto o Soviet como o Goberno fomentaron a preparación dunha [[ofensiva de Kerenskii|ofensiva militar]] durante o verán que, tras efémeros avances, acabou en derrota e acelerou a desintegración do Exército e, con el, a fortaleza da posición negociadora rusa ante os seus aliados.<ref name="wade43">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 43</ref>