Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
Procedente dunha familia da baixa nobreza de [[Córsega]], o seu acento foi branco das burlas dos seus compañeiros de escola en Francia, onde desenvolveu un carácter adusto e decidido. Foi alumno da Escola Militar de [[Brienne]] e de [[París]].
 
Trala [[Revolución francesa]] Napoleon apoiou os revolucionarios, e en [[1791]] comprometeuse baixo xuramento na defensa do novo réxime. En [[1792]] retornou a Córsega onde participou na axitación nacionalista e revolucionaria na illa, ata a súa ruptura con [[Pascual Paoli]]. Foi subindo rapidamente de rango militar ata se converter en xeneral, tras destacar no asedio de Tolón ([[1793]]).
 
Foi detido por xacobino, pero posteriormente recibiu o encargo de reprimir o levantamento monárquico de París ([[5 de outubro]] de [[1795]]; 13 de vendimario). O [[9 de marzo]] de 1796, contraeu matrimonio civil con [[Joséphine de Beauharnais]] viúva dun xeneral da República e nai de dous fillos.
 
=== Vitorias en Italia ===
Nomeado polo [[Directorio]] comandante en xefe do exército de [[Italia]] en 1796, esmagou os sardos en [[Mondovi]] e derrotou os austríacos en [[Lodi]], [[Rívoli]] e [[Arcole]]. Un transformado exército francés tomou [[Milán]] e [[Mantua]], cruzou os [[Alpes]] e puxo en xaque [[Viena]].
 
Napoleón atopou unhas tropas mal alimentadas, deficientemente equipadas e absolutamente desorganizadas. En pouco tempo converteunas no exército máis dinámico e eficaz do momento, malia a súa inferioridade numérica (tan só 37.600 homes realmente dispoñibles). A rapidez de movementos e a súa flexibilidade, a capacidade de concentrar forzas no momento e localización máis axeitadas deixaban constancia do seu xenio militar.
 
Ás súas fulminantes vitorias obrigaron o [[Imperio Austro-Húngaro]] a pedir a fin das hostilidades. Napoleón impuxo as súas propias condicións sen ter en conta o Directorio. O 17 de outubro de 1797, asinouse a [[Paz de Campoformio]], que obrigaba a [[Austria]] a ceder a beira esquerda do Rin, [[Bélxica]] e Milán. Desaparece a [[República de Venecia]] que, como contrapartida, é outorgada a Austria.
No ano [[1798]] o goberno francés, temendo a súa popularidade, enviouno a [[Exipto]] co pretexto de intentar debilitar o [[Reino Unido]]. O obxectivo teórico era interceptar a rota cara á [[India]]. Napoleón conquistou [[Malta]] e desembarcou en [[Alexandría]]. Sen sufrir apenas baixas, derrotou o exército mameluco na lendaria [[batalla das Pirámides]]. A hostilidade climática e xeográfica non compensou a táctica medieval dos [[mameluco]]s fronte á moderna formación do exército de Bonaparte. [[O Cairo]] abriulle as portas. A seguinte batalla en [[Salalieh]] permitiulle facerse dono de todo o país, pero a derrota da frota francesa en [[Abukir]] por [[Horatio Nelson|Nelson]] deixouno illado. A empresa de facer de Exipto unha colonia estable viuse abaixo, e [[Turquía]] declarou a guerra a Francia.
 
Co fin de disuadir o [[Sultán]], avanzou a través de [[Siria]], tomou a gornición de El Arish (que non estaba nos seus mapas) e rendeu [[Gaza, Palestina|Gaza]] e [[Xaffa]], onde un gromo de [[peste]] detivo o seu avance. Malia os éxitos iniciais, fracasou na toma de San Xoán de [[Acre, Israel|Acre]], ben fornecida dende o mar polos británicos. Francia, que facía fronte xa a unha Segunda Coalición, seguía deixándoo á súa sorte.
 
Turquía pretendía tomar vantaxe da situación facéndose con Exipto. O [[pachá]] de [[Damasco]] adiantouse a facer pinza sobre Napoleón, pero este desbaratou os 25.000 xinetes sirios no [[Monte Tabor]] sen apenas sufrir baixas. Decatándose do comprometido da súa avanzada posición, decidiu volver a Exipto onde a súa cabalaría varreu o exército otomán en [[Abukir]]. Tras esta vitoria, decidiu regresar a Francia. A recente noticia da seu último éxito militar permitiulle ser recibido como un heroe.
 
Os científicos dos que Napoleón se fixo acompañar deron lugar á [[exiptoloxía]]. Isto, especialmente tralo descubrimento da [[pedra Rosetta]] coa clave para descifrar os [[xeroglífico]]s, revolucionou os coñecementos arqueolóxicos e históricos da historia da humanidade.
[[Ficheiro:Jacques-Louis_David_007.jpg|miniatura|''Napoleón cruzando os Alpes'', obra de Jacques-Louis David.]]
 
Cando Napoleón chegou de Exipto lanzou unha dura invectiva contra o Directorio: ''Que fixestes da Francia que eu vos deixei puxante?''. Coa revolución estancada nunha dura crise e exhausta despois de duras represións e conflitos, o sentir popular buscaba un cambio enérxico. O 10 de novembro de 1799 (18 e Brumario, ano VII) Napoleón derrubou o Directorio e disolveu o Consello dos Cincocentos coa axuda do Presidente da Asemblea, o seu irmán Luciano: a toma do Poder estaba consumada. Constituíu un triunvirato de cónsules con el á cabeza. Os outros dous cónsules serán provisionalmente [[Emmanuel Joseph Sieyès]] e [[Roger Ducos]]. [[Fouché]] como xefe de orde pública e [[Talleyrand]] en Asuntos Exteriores serán, non obstante, os persoeiros fundamentais do novo réxime.
 
Finalmente, ademais do propio Bonaparte, os outros dous cónsules definitivos serán [[Cambecérès]], un prestixioso xurista que votara a prol da execución do rei, e [[Lebrun]] experto en finanzas e un antigo monárquico reformista acomodaticio cos novos tempos. Napoleón instalouse nas [[Tullerías]] e iniciou un traballo frenético en tódolos terreos.
 
O primeiro desafío era conter o avance de austríacos e rusos que expulsaran o exército francés de Italia. Decontado Napoleón ofertou a paz a [[Austria]] e a [[Inglaterra]]. Rexeitada esta, tomou o mando das tropas en Italia, cruzou os Alpes e en menos dun mes chegou a [[Milán]], e logrou manobrar sobre a retagarda dos austríacos. Procurou atraer o groso do exército inimigo e asestarlle un golpe decisivo. Este tivo lugar coa vitoria de [[Marengo]] ([[14 de xuño]] de [[1800]]). Austria resignouse a volver á situación da paz de Campoformio.
 
En 1802 Napoleón restaurou o Estado Pontificio e proclamouse primeiro Cónsul da República Italiana.En 1803, outorgou aos cantóns suízos un texto constitucional denominado Acta de Mediación que restablecía o réxime confederal nunha República Helvética satélite de Francia pero mantiña os avances revolucionarios importados desta como a supresión das aduanas interiores.
 
=== Goberno ===
Elaborouse unha Constitución redactada por [[Sieyes]]: O Senado elixía o primeiro Cónsul e os cónsules auxiliares. O primeiro Cónsul controlaba o exército e a administración. Consolidábase unha administración centralizada que dividía o territorio en departamentos dependentes directamente do poder executivo.
 
A Igrexa foi expulsada do ámbito educativo. A educación inculcaba á fidelidade ao novo réxime. O Papa Pío VII, asinou o [[Concordato]] (1801) que evitaba a persecución aos eclesiásticos a cambio de lealdade ao Estado. En 1800 creouse o Banco de Francia, e en 1802 as cámaras de comercio. Un Tribunal de Contas fiscalizaba a xestión da Facenda Pública.
 
Comezaba unha importante mellora económica. A unidade de mercado favoreceu a produción agrícola e industrial. Incrementouse o consumo de viño e carne, o que era síntoma dunha mellora do poder adquisitivo da poboación. Industrias como a azucreira, a téxtil e a do ferro desenvolvéronse con rapidez. Subsidios, feiras e exposicións estatais contribuían ao novo dinamismo mercantil. Pulo importante foron tamén as grandes e innovadoras obras públicas: a ponte das Artes, a cúpula do mercado de graos, o porto de Cherburgo e [[Antuerpen]], novas redes de estradas de dimensión continental, o Arco de Triunfo e a columna da Praza de Vemdome, as pontes cos nomes das grandes vitorias etc.
En 1806 un ultimato de Prusia, Rusia e Saxonia esixiu a retirada das tropas francesas da beira dereita do Rin e a desaparición da Confederación do mesmo nome; erguíase a cuarta coalición. Un primeiro choque acabou coa vida do príncipe Luis Fernando en [[Saafeld]]. Napoleón venceu en [[Jena]] e [[Auerstadt]] e entrou en [[Berlín]]. Perseguiu as tropas prusianas, que foron aniquiladas en Prenzlau, Lübeck, Ratkau e Magdebourg. En pouco máis dun mes de campaña as forzas xermanas comandadas por Blücher e o príncipe de Hohenlohe quedaron reducidas á nada.
 
Rusia seguía coas espadas en alto. Napoleón avanzou ao seu encontro cruzando [[Polonia]] como un liberador. En maio de 1807, caía a estratéxica [[Dantzig]], o que supuxo a rendición dun exército aliado de 11.000 homes e a fin da ameaza para a á esquerda da invasión francesa.
 
Tras a dura vitoria de [[Eylau]], os franceses acubíllanse nos seus cuarteis de inverno. En primavera, unha ofensiva rusa é rexeitada en Heilsberg, reiniciándose unha persecución na que Napoleón conseguiu derrotar con claridade o exército ruso en [[Friedland]] (xuño de 1807). Nesta batalla, con 20.000 baixas, por 8.000 das francesas, os rusos perderon máis do 30 % dos seus efectivos. O mariscal francés [[Soult]] apoderouse de [[Königsberg]]. [[Murat]] ameazou as fronteiras naturais da Santa Rusia.
[[Ficheiro:Napoleons retreat from moscow.jpg|miniatura|Napoleón retirándose de Moscova.]]
 
O afogo económico fixo que Rusia abandonase o bloqueo continental imposto a Inglaterra. Napoleón creu necesaria unha acción directa contra Rusia. Co apoio de Prusia e Austria reuniu un exército de 600.000 homes para invadir Rusia. Acadou as vitorias de [[Smolensko]] en agosto de 1812. Os rusos empezaron unha longa retirada mediante unha estratexia autodestrutiva de terra queimada. Buscaban illar os franceses na inmensidade de Rusia. Por fin ofreceron resistencia ás portas de [[Moscova]], onde foron vencidos na batalla de [[Borodino]]. Napoleón tomou Moscova, que tamén foi incendiada polos rusos. Agardaba en balde unha mensaxe de paz do [[Tsar]].
 
Un forte inverno forzou unha retirada tardía que sepultou o exército baixo a neve, o frío e a fame. Napoleón conseguiu forzar o paso do [[Beresina]], á custa de grandes perdas. Só uns poucos miles lograron sobrevivir. O Gran Exército quedou reducido á nada. Toda Europa levantouse contra Napoleón.
 
=== Campaña de Francia ===
Con enorme rapidez Napoleón derrotou a Blucher en Brienne e asestou duros golpes aos aliados en Champaubert, Montmirail, Montereau e Vauchamps. Éxitos militares inexplicables pola inferioridade das súas tropas pero que impediron a rusos, prusianos e austríacos rodear París. Porén [[Xosé Bonaparte]], á fronte da capital francesa, entendeu que a situación non podía sosterse indefinidamente e preferiu capitular. Os aliados entraron o [[31 de marzo]] de [[1814]].
 
Napoleón conservou a capacidade operativa do seu reducidísimo exército, pero foi deposto por un goberno provisional con Talleyrand á fronte que o destituíu. O [[6 de abril]] abdicou en Fontaneiblueau, e foi desterrado á [[illa de Elba]].
385.528

edicións