Flora intestinal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 27:
Aínda que o sentido común di que debería haber unha relación entre a dieta e a composición da microbiota intestinal, hai que demostrar se esta relación é forte dabondo como para que poidamos predicir os cambios na microbiota ao seguir certa dieta.
 
Os animais [[animal gnotobiótico|gnotobióticos]] son animais nos que só viven certas cepas coñecidas de bacterias ou outros organismos, en lugar da gran diversidade habitual. Cunha serie de experimentos que utilizaron ratos gnotobióticos, os científicos demostraron que é posible predicir cambios na microbiota intestinal humana. Neses experimentos reproduciron no rato un modelo da comunidade do intestino humano de dez bacterias do intestino humano secuenciadas e estudaron a variación na composición da comunidade en resposta aos cambios na dieta do hóspede.
 
Usando varias dietas con diferentes concentracións de catro ingredientes, [[caseína]], aceite de millo, [[amidón]] de millo, e [[sacarosa]], é posible alimentar un modelo liñal para predicir a abundancia de cada especie bacteriana en función da dieta. Este modelo pode predicir o 61% da variación da poboación.
Liña 54:
As bacterias poden converter no seu metabolismo os carbohidratos en [[ácido graxo de cadea curta|ácidos graxos de cadea curta]] (SCFAs)<ref name=gibson/><ref name="Beaugerie L and Petit JC"/> por medio dunha forma de fermentación chamada [[fermentación sacarolítica]].<ref name=gibson/> Os produtos orixinados como resultado das súas fermentacións inclúen [[ácido acético]], [[ácido propiónico]] e [[ácido butírico]].<ref name=gibson/><ref name="Beaugerie L and Petit JC"/> Estes materiais poden ser utilizados polas células do hóspede, e supóñenlle ao ser humano unha fonte importante de enerxía útil e nutrientes,<ref name=gibson/> e axudan ao corpo a absorber minerais esenciais como o [[calcio]], [[magnesio]] e [[ferro]].<ref name="Guarner and Malagelada 2003b"/> Os gases e [[ácido orgánico|ácidos orgánicos]], como o [[ácido láctico]], tamén se orixinan por [[fermentación]] sacarolítica.<ref name="Beaugerie L and Petit JC"/> O ácido acético é utilizado polo [[músculo]], o ácido propiónico axuda ao [[fígado]] a producir [[Adenosina trifosfato|ATP]], e o ácido butírico fornece enerxía ás células do intestino e pode previr o [[cancro]].<ref name=gibson/> A evidencia tamén indica que as bacterias potencian a absorción e almacenamento de [[lípido]]s<ref name=Sears/> e producen e despois facilitan que o corpo absorba vitaminas como a [[vitamina K]] <ref name=Conly/>.
 
Outro tipo menos favorable de fermentación, a [[fermentación proteolítica]], degrada proteínas como os encimas, células mortas do hóspede e bacterianas, e [[coláxeno]] e [[elastina]] procedentes dos alimentos, e pode producir [[toxina]]s e [[carcinóxeno]]s ademais de ácidos graxos de cadea curta. Así, unha dieta baixa en proteínas reduce a exposición a toxinas.<ref name="Guarner and Malagelada 2003b"/>
 
A flora beneficiosa incrementa a absorción intestinal de auga, reduce a cantidade de bacterias daniñas, incrementa o crecemento de células do intestino humano, e estimula o crecemento das bacterias indíxenas da flora.<ref name="Guarner and Malagelada 2003b"/>
Liña 112:
 
=== Perda de peso ===
A perda de peso iníciase un cambio nos [[filos bacterianos|filos de bacterias]] que compoñen a flora intestinal. Especificamente, a cantidade de ''Bacteroidetes'' aumenta case linearmente a medida que progresa a perda de peso. <ref>{{Cita publicación periódica | title = Human gut microbes associated with obesity | url = http://www.nature.com/nature/journal/v444/n7122/abs/4441022a.html | year = 2006 | journal = Nature | volume = 441 | pages = 21–28 | author = RE Ley; ''et al'' | postscript = <!--None--> | issue = 7122}}</ref> Se ben hai un alto nivel de variación nas especies bacterianas que se encontran en cada persoa, esta tendencia é especialmente marcada nos humanos.<ref>{{Cita publicación periódica | title = Assessment of microbial diversity in human colonic samples by 16S rDNA sequence analysis | url = http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0168649601001908 | year = 2002 | journal = FEMS Microbiol Ecol | volume = 39 | pages = 33–39 | author = GL Hold; ''et al'' | postscript = <!--None--> | doi = 10.1111/j.1574-6941.2002.tb00904.x | pmid = 19709182 | issue = 1}}</ref>
 
=== Dieta ===