Axénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m →‎Preparación: Arranxos varios using AWB
Liña 16:
 
== Preparación ==
Os cultivos axénicos de [[microorganismo]]s prepáranse normalmente realizando unha [[dilución en serie]] dun cultivo mixto xa existente. Este cultivo dilúese sucesivamente ata o punto no que as mostras que se extraian del conteñan só unhas poucas células do microorganismo, idealmente só unha (no caso das especies con [[reprodución asexual]]). Estes subcultivos fanse crecer ata que se poida comprobar a identidade dos organismos que o constitúen. A selección dos cultivos que conteñan só o organismo procurado producirá un cultivo axénico.
 
Os cultivos axénicos normalmente compróbanse rutinariamente para asegurarse que permanecen axénicos. Unha estratexia estándar aplicada cos microorganismos é estender a mostra de cultivo nunha [[placa de ágar]], e [[Incubador (microbioloxía)|incubala]] durante un determinado período de tempo. O [[ágar]] debería ser un [[medio de cultivo]] enriquecido que permita o crecemento dos organismos "contaminantes" comúns. Ditos organismos "contaminantes" crecen na placa durante ese período, o que identificará os cultivos que non son axénicos.