Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado info
Xas (conversa | contribucións)
m revistas
Liña 1:
[[Ficheiro:Casa da Cultura da Bandeira.JPG|miniatura|dereita|Edificio da escola, hoxe Casa da Cultura da Bandeira.]]
A '''Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira''' foi unha sociedade de emigrantes galegos do concello de [[Silleda]], fundada en [[Bos Aires]] o [[20 de marzo]] de [[1909]]. Aínda que a súa denominación parece reducila á vila da [[A Bandeira, Manduas, Silleda|Bandeira]] e ao resto da parroquia de [[Manduas, Silleda|Manduas]], a creación desta agrupación debeuse tamén a emigrantes doutras parroquias próximas como [[Cervaña, Silleda|Cervaña]], [[Chapa, Silleda|Chapa]], [[Lamela, Silleda|Lamela]] e [[Moalde, Silleda|Moalde]]<ref>Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, ''“Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio”. Un proxecto Innovador da sociedade Pro Escuelas en Bandeira'', en Estudios Migratorios nº 4 (Decembro 1997), páx. 117 a 143.</ref>.
 
Editou en Buenos Aires a revista ''[[Fomento de la Instrucción Gallega]]'' (1909-1911) e a súa continuadora ''[[Lux (Buenos Aires)|Lux]]'' (1913).
 
En [[1928]] comezou a construción da ''Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio'', que estaría activa ata a Guerra Civil. Incautada tralo conflito, funcionou como escola nacional ata [[1978]], cando regresou ás mans da Sociedad, que a cedeu ao Concello de Silleda. Tras unha rehabilitación na década de [[1980]], hoxe en día este edificio é usado como local social e casa da cultura, onde ten a súa sede a Asociación Cultural Vista Alegre.