Aurícula dereita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 13 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1652353
m Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Diagram of the human heart (multilingual 2).svg|thumb|250px|
1. [[Endocardio]] 2. [[Miocardio]] 3. [[Epicardio]] 4. [[Pericardio]] 5. [[Cámaras cardiacas]] 6. [['''Aurícula dereita]]''' 7. [[Aurícula esquerda]] 8. [[Ventrículo dereito]] 9. [[Ventrículo esquerdo]] 10. [[Válvulas cardiacas]] 11. [[Válvula mitral]] 12. [[Válvula aórtica]] 13. [[Válvula pulmonar]] 14. [[Válvula tricúspide]] 15 [[Arteria aorta]] 16. [[Arteria pulmonar]] 17. [[Veas pulmonares]] 18. [[Vea cava superior]] 19. [[Vea cava inferior]]]]
O '''atrio dereito''', mellor coñecido como '''aurícula dereita''', é unha das catro cavidades do [[corazón]], situada na parte superior dereita deste. Para o seu estudo, é dividida en dúas partes, a orella cardíaca e o aurícula propiamente dita. Esta clasificación é de orixe [[Embrioloxía|embriolóxica]], é dicir, provén do momento da súa organización no crecemento do embrión no embarazo. Na aurícula dereita desembocan a [[vea cava superior]], a vea [[cava inferior]] e o [[seo coronario]]. Ademais tamén se atopa perforada polos vasos de Tebesio.
 
A aurícula dereita está comunicada co [[ventrículo dereito]] a través da [[válvula tricúspide]]. Recibe [[sangue]] venoso pobre en [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] procedente de todo o organismo a través de dúas grandes veas, a cava superior e a cava inferior. A superior leva sangue venoso do [[pescozo]], [[cabeza]] e membros superiores. A cava inferior trae sangue do tronco, [[abdome]] e membros inferiores. O sangue venoso chea a aurícula e esta impúlsao cara ao [[ventrículo dereito]]. A aurícula dereita está comunicada coa esquerda a través do [[foramen oval]]. Durante a vida intrauterina, o burato permite o paso de sangue venoso da dereita á esquerda. É imprescindíbel, xa que o feto non respira e o sangue que iría aos [[pulmón]]s é desviado cara a circulación sistémica. Após do nacemento, a presión exercida polo sangue na [[aurícula esquerda]], provoca o peche do foramen. A persistencia do foramen é unha severa patoloxía que hoxe en día é atendida polos servizos de cirurxía cardíaca ou [[cardioloxía]] intervencionista.
 
Ademais na aurícula dereita atópanse o [[nó sinusal]] e o [[nó aurículo-ventricular]], vitais no sistema de condución do impulso cardíaco.
Liña 9:
== Véxase tamén ==
* [[Aurícula cardiaca]]
 
 
[[Categoría:Cavidades cardíacas]]