Traquea (artrópodos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno (2) using AWB
Liña 1:
<center>''Para o conduto do aparato respiratorio de vertebrados ver [[traquea]]. Para os vasos condutores do [[xilema]] das plantas ver [[traquea (xilema)]].''</center>
 
As '''traqueas''' son os órganos respiratorios aéreos dos [[artrópodo]]s terrestres ([[insecto]]s, [[arácnido]]s e [[miriápodo]]s) e dos [[onicóforo]]s. O conxunto de traqueas forma o '''sistema traqueal''' que é unha rede de tubos ocos que se abren na superficie do corpo por un poro (estigma) e se internan nos tecidos ramificándose; son progresivamente de menor diámetro conforme se internan no corpo (de 0,8&nbsp;mm a poucos [[micrómetro]]s) e de paredes cada vez máis delgadas. Levan o [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] directamente ás [[célula]]s, polo que na respiración traqueal o transporte de gases respiratorios é totalmente independente do aparato circulatorio, e, a diferenza dos [[vertebrados]], o fluido circulatorio ([[hemolinfa]]) non garda nin transporta o osíxeno, e crese que este é un dos factores que poden limitar o tamaño máximo dos artrópodos terrestres. Como as traqueas son invaxinacións do tegumento, están cubertas pola [[cutícula (artrópodos)|cutícula]], que se renova coa [[muda]] ([[ecdise]]).
 
Ábrense ao exterior por uns poros chamados estigmas. Polos estigmas entra no sistema traqueal aire rico en osíxeno e sae aire rico en dióxido de carbono, resutltado da respiración celular nos tecidos. Os gases poden moverse polo aparato respiratorio por medio dun sistema pasivo (difusión) ou activo (ventilación), como ocorre en insectos como os [[saltón]]s ou as [[abella]]s, que bombean activamente o aire a sacos situados no seu [[abdome (artrópodos)|abdome]] e poden controlar o fluxo a través do corpo.
Liña 9:
* '''Estigmas''' ou '''espiráculos'''. As traqueas conectan co exterior a través de poros arredondados chamados estigmas ou espiráculos que se abren ao exterior directamente ou posúen unha cámara ('''atrio''' ou cavidade subestigmática), que presenta estruturas como pelos ou espiñas que minimizan a perda de auga e impiden a entrada de po e [[parasito]]s, ou teñen diferentes sistemas de peche (válvulas, labios). Nos insectos con sistemas máis complexos de peche e apertura mesmo se pode controlar o fluxo de aire cunha especialización en espiráculos inhalantes e exhalantes. A distribución dos espiráculos pode variar moito entre os diferentes ordes de insectos, pero en xeral cada segmento do corpo pode ter un par.
* '''Traqueas'''. Son tubos ocos polos que circulan os gases respiratorios; ademais de estaren revestidas de cutícula presentan aneis en espiral ('''tenidios''') que as reforzan e impiden que colapsen. As traqueas son permeables aos gases en todo o seu percorrido. En relación coas traqueas poden existir '''sacos aéreos''' que son cámaras moi dilatables que almacenan aire e facilitan o voo e poden permitir a ventilación do sistema. Nos insectos o sistema traqueal está integrado, xa que as traqueas de cada espiráculo están conectadas e moitas veces tamén as traqueas de segmentos adxacentes, podendo formar troncos lonxitudinais.
* '''Traqueolas'''. As traqueas ramifícanse e fanse máis estreitas para orixinar as traqueolas que transportan os gases metabólicos desde e cara aos tecidos. As traqueolas, penetran nas células e actúan como puntos de intercambio de [[auga]], [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] e [[dióxido de carbono]].
 
Algúns insectos acuáticos intercambian gases directamente a través do [[tegumento]] grazas á existencia dunha especie de estruturas branquiais recubertas por cutícula moi fina, denominadas [[traqueobranquia]]s. Outros insectos de vida acuática teñen respiración aérea traqueal, porque manteñen unha burbulla de aire permanente (plastrón) ou renovable retida por pelos hidrófobos.<ref name=Invert/>