Non metal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:DPS raw.png|miniatura|dereita|300px|Os non metais aparecen en cor á dereita da táboa periódica (agás o hidróxeno).]]
 
Denomínase '''non metal''' ao [[elemento químico]] que non é un [[metal (material)|metal]]. Os elementos non metais, excepto o [[hidróxeno]], están situados na [[táboa periódica dos elementos]] no [[elementos do bloque p|bloque ''p'']].
 
Os elementos deste bloque son non metais, excepto os [[metaloide]]s (B, Si, Ge, As, Sb, Te), todos os [[gas inerte|gases nobles]] (He, Ne, Ar, Kr, Xe, Rn), e algúns metais (Al, Ga, In, Tl, Sn, Pb).
Liña 19:
As propiedades dos non metais son, entre outras, as de seren malos condutores da electricidade e da calor. Non teñen lustre. Pola súa fraxilidade non poden ser estirados en fíos nin aplanados en láminas. A maioría deles son gases a temperatura normal, e en estado sólido son fráxiles.
 
O hidróxeno habitualmente sitúase na táboa por riba dos metais alcalinos, pero normalmente compórtase como un non metal. Un non metal adoita ser [[illante eléctrico|illante]] ou [[semicondutor]] da electricidade. Os non metais adoitan formaren enlaces iónicos cos metais, gañando electróns, ou enlaces covalentes con outros non metales, compartindo electróns. Os seus óxidos son ácidos.
 
Os non metais forman a maior parte da Terra, especialmente as capas máis externas, e os organismos están compostos na súa maior parte por non metais. Algúns non metais, en condicións normais, son diatómicos en estado elemental: [[Hidróxeno diatómico|hidróxeno (H<sub>2</sub>)]], [[Nitróxeno diatómico|nitróxeno (N<sub>2</sub>)]], [[Osíxeno molecular|oxíxeno (O<sub>2</sub>)]], [[Flúor|flúor (F<sub>2</sub>)]], [[Cloro diatómico|cloro (Cl<sub>2</sub>)]], [[Bromo|bromo (Br<sub>2</sub>)]] e [[Iodo diatómico|iodo (I<sub>2</sub>)]].
 
Os non metais varían moito na súa aparencia: non son lustrosos e polo xeral son malos condutores da calor e a electricidade. Os seus puntos de fusión son máis baixos que os dos metais (aínda que o diamante, unha forma do carbono, funde a 3570&nbsp;°C). Varios non metais existen en condicións ordinarias como moléculas diatómicas. Nesta lista están incluídos cinco gases (H<sub>2</sub>, N<sub>2</sub>, O<sub>2</sub>, F<sub>2</sub> e Cl<sub>2</sub>), un líquido (Br<sub>2</sub>) e un sólido volátil (I<sub>2</sub>). O resto dos non metais son sólidos que poden ser duros como o diamante ou brandos como o xofre. Ao contrario dos metais, son moi fráxiles e no poden estirarse en fílos nin en láminas.
 
Encóntranse nos tres estados da materia a temperatura ambiente: son gases (coma o oxíxeno), líquidos (coma o bromo) ou sólidos (coma o carbono). Non teñen brillo metálico e non reflicten a luz. Moitos non metais encóntranse en todos os seres vivos: carbono, hidróxeno, oxíxeno, nitróxeno, fósforo e xofre en cantidades importantes. Outros son oligoelementos: flúor, silicio, arsénico, iodo, cloro.