Río Nervión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
m Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno (2) using AWB
Liña 9:
desemboca = [[Mar Cantábrico]] |
}}
O '''Nervión''' (en [[lingua éuscara|éuscaro]]: ''Nerbioi'') é un [[río]] da [[Península Ibérica]], que discorre polo norte de [[España]].
 
Nace no límite das [[provincias de España|provincias]] de [[provincia de Burgos|Burgos]] e [[Áraba]], das augas que baixan dos Altos do Curral, Bagate e Urkabustaitz por unha banda e a serra de Garobel ou Salvada pola outra, na [[cordilleira Cantábrica]].
 
A poucos quilómetros do seu nacemento, forma un impoñente salto de 270 metros, para continuar logo polo [[Monte de Santiago, Salto do Nervión e Val de Délica|val de Délica]] en dirección nordés. Baixa polo chamado val do Nervión ou Alto Nervión ata entrar á [[provincia de Biscaia]], cerca do pobo de [[Orduña]].
 
No concello de [[Basauri]], conflúe co [[Río Ibaizabal|Ibaizabal]], río de caudal e lonxitude semellantes, e xuntos dividen o resto da comarca do [[Gran Bilbao]], cruzando [[Bilbao]] baixo o nome de [[Ría de Bilbao]] (tamén coñecida como ''Ría do Nervión'' ou ''do Ibaizabal''), ata chegar á súa desembocadura no [[Mar Cantábrico]], entre os concellos de [[Portugalete]] e [[Getxo]].
 
Nos seus primeiros tramos, durante as épocas [[verán|estivais]] ao non ser tempada de choivas nin haber [[neve]] sobre as serras, a súa curta e imprecisa canle vese ausente de auga.
Liña 21:
== Hidrología ==
[[Ficheiro:2006 10 27 garzas Etxebarri.jpg|miniatura|Nervión-Ibaizábal ao seu paso por [[Etxebarri]].]]
O río percorre 72 quilómetros desde o seu nacemento ata a súa desembocadura no [[mar Cantábrico]]. Corre en dirección suroeste - nordés. A influencia das [[marea]]s alcanza os 15 quilómetros terra dentro, ata o barrio da Pena de [[Bilbao]], lugar onde a auga salgada non logra imponerse á auga doce.
 
=== Afluentes ===
O río [[Ibaizabal]] é xeralmente considerado o principal afluente do Nervión pola dereita. Outros autores consideran que o Ibaizábal é o río principal, e que recibe ao seu principal afluente, o Nervión, pola esquerda. Outros chaman a todo o sistema '''Nervión-Ibaizabal'''.
 
Os principais afluentes do Alto Nervión (antes de unirse co Ibaizabal) son o [[río Altube|Altube]], o [[Río Orozco|Orozco]] e o [[río Zeberio|Zeberio]].
Liña 43:
 
== Historia e economía ==
A orixe do nome do río Nervión non está clara para os autores. Uns relaciónano coa Pena Nervina de 920 metros, zona na que salta sobre as inmediacións de Délica. Outros o relacionan co emperador romano [[Nerva]]. Tamén foi denominado ''Nervio'' ou ''Nansa''.
 
Desde tempos antigos, o paso de [[Orduña]] que unía a planicie interna de [[España]] co val do Nervión tivo un gran peso económico. Durante a [[Idade Media]], serviu de límite natural entre o [[Señorío de Biscaia]] e os [[Condado de Castela|condados de Castela]], cobrándose peaxe nese punto. A través dos séculos, o val do Nervión foi un corredor de vital importancia para a comunicación de [[Biscaia]]. A principal [[vía férrea|vía de ferrocarril]] construíuse en [[1863]] seguindo a canle do río.
 
Ao mesmo tempo, [[Bilbao]] desenvolveu unha importante actividade comercial, sendo o seu [[Porto de Bilbao|porto]] o máis importante de toda a costa norte da [[Península Ibérica]]. Esta actividade dependía completamente da navegabilidade dos últimos 15 quilómetros do río. Dada esta situación, o enxeñeiro [[Evaristo de Churruca]] levou a cabo un enorme proxecto para desenvolver o porto exterior.
 
O río Nervión e [[Bilbao]] son os maiores motores ecónomicos do [[País Vasco]].
 
== Medio ambiente ==
Logo dun século de intensa actividade industrial no río, especialmente nos últimos 25  km, este atopábase contaminado, cos seus niveis de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] un 20% por baixo do normal. En [[1978]], as autoridades locais lanzaron un plan para soportar esta situación, resultando nunha constante mellora da calidade do ambiente, logrando restituír case totalmente a fauna e a flora. Actualmente os niveis de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] están en torno ao 60%, e recuperáronse peixes como a [[robaliza]], [[dourada]], [[anchoa]], ou mariscos como a [[nécora]] ou o [[lumbrigante]].
 
== Véxase tamén ==