Glicoproteína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Liña 19:
 
* '''N-glicoproteína''': todos os carbohidratos únense ao [[grupo amino]] da cadea lateral, do aminoácido [[asparaxina]], e a [[glutamina]]
 
* '''O-Glicoproteína''': neste caso, o [[grupo hidroxilo]] das cadeas laterais dos aminoácidos [[serina]] e [[treonina]] é o lugar de unión.
 
Liña 30 ⟶ 29:
 
=== N-glicosilación ===
As modificacións inclúen engadir ou quitar moléculas de [[azucre]]s específicos atopados nas novas N-glicoproteínas sintetizadas no RER (retículo endoplasmático rugoso). Así, as proteínas N-glicosiladas no RER son adicionalmente remodeladas no [[aparello de Golgi]] debido á presenza nos diferentes compartimentos deste de distintos tipos de proteínas (ancoradas ás súas membranas) que tendo diferentes actividades enzimáticas engaden (glicosiltransferasas) ou quitan (glicosilasas) diferentes tipos de azucres (N-acetilglicosamina, [[ácido siálico]], [[glicosa]], [[galactosa]] etc…) nos N-oligosacáridos.
 
O procesado completo dos N-oligosacáridos das N-glicoproteínas ocorre de maneira secuencial, durante o seu movemento dende as cisternas da cara ''cis'' ás cisternas da cara ''trans'' do complexo de Golgi.
Liña 41 ⟶ 40:
 
=== O-glicosilación ===
As proteínas poden sufrir ademais da N-glicosilación iniciada no RER para dar N-glicoproteínas, O-glicosilación para dar orixe ás O-glicoproteínas no aparello de Golgi originando as O-glicoproteínas. Os O-oligosacáridos engádense ás proteínas no aparello de Golgi orixinando as O-glicoproteínas. A diferencia dos N-oligosacáridos, ligados por [[enlace glicosídico|enlace N-glicosídico]] ao átomo de [[nitróxeno]] (N) da cadea lateral do aminoácido asparraguina (Asn), os O-oligosacáridos están unidos por [[enlace químico|enlace]] O-glucosídico ao átomo de [[osíxeno (elemento)|osíxeno]] (O) dos aminoácidos serina (Ser) ou treonina (Thr) dunha cadea polipeptídica.
A O-glicosilación das proteínas comeza no aparello de Golgi coa unión de [[N-acetilgalactosamina]] ou manosa (Man) a residuos de serina (Ser) ou treonina (Thr) da proteína. Os residuos de N-acetilglicosamina, galactosa, mucosa ou ácido siálico engádense un a un de xeito secuencial con diferentes tipos de enlaces, resultando por isto un diferente O-oligosacárido (o-glicanos) con [[estrutura molecular|estrutura]]
ramificada, composto por poucos residuos de monosacáridos.