Mergullo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Liña 2:
''Para o método de reprodución vexetativa véxase o artigo '''[[Porbaixa]]'''''
[[Ficheiro:Buceo 080.jpg|miniatura|Instrutor guiando aos alumnos en piscina previo inmersión ao mar]]
[[Ficheiro:Buceo galapagos a mas de -30m SSI.jpg|miniatura|Mergulladores coñecendo as profundidades do mar ]]
[[Ficheiro:Compensacion.jpg|miniatura|Descendendo ]]
O '''mergullo''' é o acto por medio do cal o home se somerxe en corpos de auga, xa sexa o mar, un lago ou un río, co fin de desenvolver unha actividade deportiva, comercial ou de procura científica ou militar con ou sen axuda de equipos especiais.
O mergullo presenta dous formas de practicalo: a [[apnea (deporte)|apnea]] (do [[lingua grega|grego]] ἄπνοια ''apnoia'', "sen respiración"), técnica tamén coñecida como '''mergullo libre''' ou a pulmón; e o '''mergullo con equipo''', que pode ser con [[escafandro]] autónomo —tamén denominado SCUBA (acrónimo [[lingua inglesa|inglés]] de ''Self Contained Underwater Breathing Aparatus'') ou mergullo con botella— ou dependente de superficie (SSD —''Surface Supply Dive'')...
Liña 35:
* O visor debe incluír o nariz no seu volume interno, para permitir equilibrar presións en inmersión e evitar o fenómeno de ventosa.
* Estanca, de xeito que o faldrón se axuste perfecta e comodamente ao perfil da cara.
 
* Tubo respirador ou snorkel. Permite respirar coa cabeza metida na auga, pero sen abandonar a superficie,
 
Liña 193 ⟶ 192:
O devandito noutros termos, a igual temperatura e presión, a velocidade de difusión dun gas de moléculas "lixeiras" difúndese máis rápido que un de moléculas "pesadas".
 
Os dous principais gases no aire, o [[nitróxeno]] (N) e o [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] (O) atópanse en atópanse nas formas moleculares N<sub>2</sub> e O<sub>2</sub>. A masa molar do nitróxeno é de 28, mentres que a do osíxeno é de 32. Polo tanto a velocidade de difusión do nitróxeno é maior que a do osíxeno.
 
===== Lei de difusión de Fick =====
Liña 209 ⟶ 208:
 
* Caixas ríxidas determinadas polo sistema esquelético: a caixa craneana (importante por conter cavidades en fase gaseosa -seos nasais, frontais e parafrontais; e parcialmente os condutos auditivos-) e a caixa torácica (que contén os [[pulmón]]s e o [[corazón]]).
 
* As vísceras abdominais: separadas da caixa torácica polo [[diafragma, anatomía|diafragma]], pero con tecidos moi elásticos e deformables.
 
* A masa sanguínea: en fase líquida, irrigando todo o corpo a través de vasos, pero con volumes considerables no corazón e nos órganos moi vascularizados (pulmóns e [[sistema nervioso]]).
 
Liña 220 ⟶ 217:
 
* Diminución do ritmo cardíaco: desencadeado polo aumento na presión arterial.
 
* Hipervolemia (aumento do volume de [[plasma sanguíneo]]), que é contrarrestado por un aumento na diurese (segregación de urina).
 
Liña 251 ⟶ 247:
===== Toxicidade dos gases =====
* '''[[Hipercapnia]]''': aumento anormal da tensión de CO<sub>2</sub> no sangue (Tensión CO<sub>2</sub> > 40mbar), revelando os efectos tóxicos deste gas. Pode sobrevir no mergullo SCUBA, os mergulladores inexpertos tratan de diminuír a súa frecuencia respiratoria nun afán de "aforrar" aire da botella e en mergulladores profesionais, debido a un exercicio intenso durante a inmersión. Os síntomas son un malestar, angustia e ansiedade do mergullador, sensación de asfixia e [[Respiración pulmonar|respiración]] superficial; os cales se non son controlados polo mergullador, amplifican e agravan a hipercapnia chegando á síncope e a morte por afogamento; ademais o mergullador presa do pánico poden sufrir barotraumatismos ou accidentes de descompresión por un ascenso fóra de regra.
 
* '''Hiperoxia''': a partir de tensións tisulares superiores aos 0,5 bar, o osíxeno empeza a tomar un carácter tóxico que se consolida completamente cando a súa tensión tisular acada 1,7 bar. Baixo esas presións parciais o O<sub>2</sub> se disocia en radicais libres (peróxido de hidróxeno H<sub>2</sub>O<sub>2</sub> e radicais hidróxilo ·OH) que inhiben a función celular a nivel da membrana. Este efecto sobre a membrana celular afecta especialmente o sistema nervioso (a membrana celular das neuronas e o seu delicado equilibrio de electrolitos e substancias mensaxeiras son a clave da transmisión dos impulsos nerviosos). Polo tanto, aínda que todos os tecidos se ven afectados por igual, o seu efecto neurotóxico é o que reviste maior gravidade. O sistema nervioso regula e controla a maioría das funcións vitais. A intoxicación por osíxeno produce convulsións, perda de coñecemento e pode levar ao conseguinte afogamento do mergullador. O risco de hiperoxia dita os límites de seguridade do mergullo autónomo con aire (-30 m profundidade máxima permitida, -20 m profundidade máxima recomendada). Estas profundidades son os límites teóricos, pero en realidade os efectos tóxicos do osíxeno poden encontrarse máis embaixo, pois o seu consumo polos tecidos diminúen considerabelmente a súa tensión.
 
* '''[[Narcose de nitróxeno]]''': aínda que o nitróxeno e outros gases inertes son quimicamente estables, baixo concentracións elevadas (léase presións parciais e tensións tisulares) producen efectos reversibles sobre o sistema nervioso. Estes efectos son en xeral similares aos debidos á intoxicación por alcohol ou ás substancias narcóticas e é por isto que reciben o nome de "narcose". Cando a tensión tisular do N<sub>2</sub> >= 4bar, os efectos comezan a se manifestar; pero é moi variable dun individuo a outro. Son os mergulladores autónomos con aire os expostos a este tipo de efecto, podéndose dar casos moi por riba dos -30 m, dependendo do estado xeral do mergullador. Os síntomas típicos son a euforia, despreocupación, alteración da capacidade de raciocinio e de concentración, perda de memoria e desorientación. A perda da capacidade de xuízo e de orientación, típica deste fenómeno, pode facer incorrer ao mergullador noutros accidentes e eventualmente incluso ao afogamento.