Iceberg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*témpano
m Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Iceberg-Antarctica.jpg|miniatura|250px|dereita|Iceberg]]
[[Ficheiro:iceberg.jpg|150px|dereita|miniatura|Iceberg - [[Fotomontaxe]] de como se vería un iceberg enteiro baixo a auga]]
Un '''iceberg''' é unha illa de [[xeo]] procedente da fragmentación de xeo polar, que sempre procede dos continentes e que é arrastrada cara a latitudes máis baixas, ás veces axudadas polas [[correntes mariñas]] frías de orixe ártica, como é o caso da Corrente do Labrador ou de [[Groenlandia]]. Dun iceberg sobresae da auga só unha oitava parte o seu volume total, polo que estas masas xélidas constitúen un perigo para a [[navegación marítima]], xa que poden acadar dimensións enormes.
 
== Orixe ==
O xeo que forma os icebergs está formado por auga salgada ao contrario do que se poida pensar, xa que aínda que o sal se usa como anticonxelante, simplemente é un retardador da conxelación e fai que a auga se conxele a aproximadamente -1 [[ºC]] (por iso se esparexe nas estradas). Aínda que o sal sexa un bo retardador da conxelación en terra, non serve de nada contra os -20 °C que se dan no [[océano Ártico]] e o [[océano Antártico|Antártico]]. Os icebergs proceden dos [[glaciar]]es que chegan á costa e rompen en grandes bloques que son despois arrastrados polas correntes, a miúdo ata latitudes bastante baixas. Un exemplo coñecido é o afundimento do [[RMS Titanic|Titanic]], que se produciu ao colidir cun iceberg cando xa se atopaba preto das costas de Nova Inglaterra, debido a que a Corrente do Labrador adoita arrastralos ata as latitudes dos Bancos de Terranova e mesmo máis ó sur, ata o punto de encontro coa Corrente do Golfo. Se se observa nun mapa o límite sur dos xeos flotantes no Atlántico Norte, pódese comprobar que presenta unha prolongación cara ao sur paralela a América do Norte e outra cara ao norte xunto ás costas europeas. En outubro de 1999, un iceberg do tamaño de Londres desprendeuse da barreira de xeo Antártica.
 
Estas illas de xeo existen grazas a unha '''propiedade notable da auga''': na súa forma sólida, ten menor densidade que en estado líquido. Se non fose este o caso, o xeo acumularíase no fondo dos océanos e non nas súas superficies.
 
Tamén o xeo é unha '''excepción''' no mundo dos [[elemento químico|elementos]], e débese a que a [[molécula]] da [[auga]] (H2O), está [[polarización|'''polarizada''']] electricamente (o [[átomo]] de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] atrae máis aos electróns que os átomos de [[hidróxeno]]) o que impón ao xeo unha estrutura [[cristal]]ina (polo xogo da atracción e da repulsión eléctrica). o que provoca que teña menos [[densidade]] que se fose un [[sólido]] amorfo.
 
O afundimento máis famoso debido a unha colisión cun iceberg foi a destrución do [[RMS Titanic|Titanic]] o [[14 de abril]] de [[1912]].