Protistas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Caracteres: Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Liña 49:
* Estrutura. Adóitase afirmar que non existen tecidos en ningún protista, pero nas algas vermellas e nas algas pardas a complexidade alcanza un nivel moi próximo ao [[tisular]], incluída a existencia de plasmodesmos (p.ex. na alga parda Egrexia). Moitos dos protistas pluricelulares contan con paredes celulares de variada composición, e os unicelulares [[autótrofo]]s frecuentemente están cubertos por unha teca, como en caso destacado das [[diatomeas]], ou dotados de escamas ou reforzos. Os unicelulares depredadores (fagótrofos) adoitan presentar células espidas (sen recubrimentos). As formas unicelulares a miúdo están dotadas de mobilidade por reptación ou, máis frecuentemente, por apéndices dos tipos que chamamos [[cilio]]s e flaxelos.
* Nutrición. Autótrofos, por fotosíntese, ou [[heterótrofo]]s. Moitas formas unicelulares presentan simultaneamente os dous modos de nutrición. Os heterótrofos poden selo por inxestión (fagótrofos) ou por absorción osmótica (osmótrofos).
* Metabolismo do osíxeno. Todos os eucariontes, e polo tanto os protistas, son de orixe aerobios (usan [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] para extraer a enerxía das sustancias orgánicas), pero algúns son secundariamente anaerobios, tras adaptárense a ambientes pobres nesta sustancia.
* Reprodución e desenvolvemento. Pode ser asexual (clonal) ou sexual, con gametos e cigoto, frecuentemente alternando a asexual e a sexual na mesma especie. As algas pluricelulares presentan a miúdo alternancia de xeracións. Non existe embrión en ningún caso.
* Ecoloxía. Os protistas cóntanse entre os máis importantes compoñentes do [[plancto]] (organismos que viven en suspensión na [[auga]]), do bentos (do fondo de ecosistemas acuáticos) e do [[edafon]] (da comunidade que habita os chans). Hai moitos casos ecoloxicamente importantes de parasitismo e tamén de mutualismo, como os dos flaxelados que interveñen na dixestión da [[madeira]] polos termes ou os que habitan no rumen das [[vaca]]s. O simbionte algal dos [[lique]]s é case sempre unha [[alga verde]] unicelular.