Diferenzas entre revisións de «Nebulosa planetaria»

m
→‎Observacións: Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (→‎Observacións: Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB)
Porén, cando observou a [[nebulosa Ollo de gato]], atopou un espectro moi distinto. Na vez de atopar un forte continuo con liñas de absorción superpostas, a nebulosa Ollo de gato e outros obxectos semellantes amosaban só un pequeno número de [[espectro de emisión|liñas de emisión]]. O máis brillante destas tiña unha lonxitude de onda de 500.7 [[nanometro]]s, que non correspondía coa liña de calquera elemento coñecido. Nun principio apareceu a hipótese de que a liña podería deberse a un elemento descoñecido, que foi bautizado como ''nebulium'' (unha idea semellante levou ao descubrimento do [[helio]] pola análise do espectro do [[Sol]] en [[1868]]).
 
Mentres que o helio foi illado na [[Terra]] pouco despois do descubrimento do seu espectro no Sol, o nebulium non. A comezos do [[século XX]] [[Henry Norris Russell]] propuxo que, en lugar de ser un novo elemento, a liña de de 500.7  nm debíase a un elemento familiar en condicións descoñecidas.
 
Os físicos amosaron nos anos 20 que no [[gas]] en [[densidade]]s moi baixas, os [[electrón]]s poden encher excitados os niveis de enerxía [[metaestabilidade|metaestables]] en [[átomo]]s e [[ión]]s que a densidades máis altas son rapidamente des-excitados por colisións. As transicións de electróns dende eses niveis en ións de [[nitróxeno]] e [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] (O2+ ou OIII, O+ e N+) dan lugar á liña de 500,7  nm e a outras liñas. Esas liñas espectrais, que só poden verse en gases de moi baixa densidade, son chamadas ''[[liña prohibida|liñas prohibidas]]''. Observacións co espectroscopio tamén amosan que as nebulosas están compostas de gas extremadamente enrarecido.
 
As estrelas centrais nas nebulosas planetarias están moi quentes. Só unha vez que a estrela remata o seu combustible nuclear pode colapsar nun tamaño tan pequeno, polo que as nebulosas planetarias viñeron a ser entendidas como unha fase final da evolución estelar. Observacións co espectroscopio amosan que todas as nebulosas planetarias estanse expandindo. Isto leva á idea de foron causadas polas capas exteriores das estrelas lanzadas ao espazo despois da súa vida.
393.002

edicións