Mineral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno (2) using AWB
Liña 14:
 
== Clasificación ==
Un mineral pode ser clasificado con certa facilidade a simple vista, pero isto non sempre é posible. En moitas ocasións é necesario levar a cabo un estudo químico da súa estrutura para poder saber ante que nos atopamos. É logo necesario, para un estudo completo dos minerais, que se teñan en conta non só os aspectos externos e físicos da peza, tamén é importante o estudo dos átomos que o compoñen e a súa relación estequiométrica entre eles ('''[[fórmula química]]''').
 
=== As propiedades físicas dun mineral ===
Liña 31:
* '''Clase II:''' [[Sulfuro]]s, formados pola combinación do [[xofre]] cun [[elemento químico]] ou cun radical (ex.: [[pirita]], [[cinabrio]]).
* '''Clase III:''' [[Haluro]]s, compostos binarios formados por un [[átomo]] halóxeno e por un [[elemento químico]] ou por un [[radical]] (ex.: [[fluorita]], [[silvina]]).
* '''Clase IV:''' [[Óxido]]s e [[hidróxido]]s, nos que a presenza de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] oxidado é clave (ex.: [[magnetita]], [[goethita]]).
* '''Clase V:''' [[Carbonato]]s e [[nitrato]]s, formados por [[átomo]]s de [[carbono]] ou [[nitróxeno]] e outros [[elementos químicos]] (ex.: [[aragonita]], [[calcita]]).
* '''Clase VI:''' [[Sulfato]]s, formados por un [[átomo]] de [[xofre]] arrodeado por catro de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] como compoñente esencial (ex.: [[xeso]], [[anhidrita]]).
* '''Clase VII:''' [[Fosfato]]s, [[wolframato]]s, [[vanadato]]s e outros, con presenza de [[fósforo (elemento)|fósforo]] (ex.: [[volframita]], [[piromorfita]]).
* '''Clase VIII:''' [[Silicato]]s, formados por [[silicio]] e [[Osíxeno molecular|osíxeno]] como compoñentes comúns (ex.: [[mica]], [[feldespato]]). Os [[silicato]]s conforman o grupo máis abundante na codia terrestre (cun 90% de presenza). Desta forma, e segundo a súa estrutura interna, os [[silicato]]s subdivídense nas seguintes subclases:
Liña 42:
** [[Filosilicato]]s.
** [[Tectosilicato]]s.
 
* '''Clase IX:''' [[Química orgánica|Sustancias orgánicas]], formados por procesos nos que a intervención da natureza é clave (moitos científicos non consideran esta clase como unha verdadeira clase de minerais por estar presente a natureza na formación dos exemplares); (ex.: [[ámbar]], [[copal]]).
 
Liña 98 ⟶ 97:
 
* '''Cristalización:''' Ó baixar a temperatura dunha masa fundida (o [[magma]], por exemplo), as vibracións térmicas dos [[átomo]]s diminúen e as forzas atractivas tenden a enlazalos quimicamente. Fano así moitos [[silicato]]s coma o [[cuarzo]].
 
* '''Sublimación dos gases:''' Ó arrefriar un gas, os átomos xúntanse e cristalizan en forma de minerais. O exemplo máis típico é o do [[xofre]] que aparece na base das fumarolas [[volcán]]icas.
 
* '''Alteración superficial:''' Ven provocada polos axentes meteorolóxicos. Os minerais expostos a eles oxídanse e hidrátanse e transfórmanse noutros. É o caso da [[pirita]] que se converte en [[limonita]] ó sufrir estes procesos.
 
* '''Precipitación das sales:''' Ó baixar a temperatura dunha solución, o disolvente evapórase e o soluto cristaliza debido ó descenso da temperatura e a presión. Así fano por exemplo a [[halita]] e a [[calcantita]].
 
* '''Metamorfismo:''' O aumento da presión e temperatura fai que algúns minerais troquen a súa estrutura e se transformen noutros. É o caso do [[grafito]], que se converte en [[diamante]] se isto acontece.
 
Liña 154 ⟶ 149:
|C
|}
 
 
== Galería ==