Diferenzas entre revisións de «Marcelino Oreja Aguirre»

sen resumo de edición
 
== Traxectoria ==
Marcelino Oreja Aguirre pertence a unha familia de destacados empresarios e políticos [[Carlismo|tradicionalistas]] vascos. É fillo de [[:es:Marcelino_Oreja_Elósegui|Marcelino Oreja Elósegui]], deputado [[:es:Comunión_TradicionalistaComunión Tradicionalista|tradicionalista]] e director da empresa [[Unión Cerrajera de Mondragón]], que morreu asasinado durante a [[Folga xeral revolucionaria de 1934|Revolución de outubro de 1934]] por militantes uxetistas.<ref>[http://www.diariovasco.com/pg060430/prensa/noticias/AltoDeba/200604/30/DVA-ALD-000.html El último revolucionario], ''Diario Vasco'', 30 de abril de 2006.</ref> O seu tío [[:es:Ricardo_Oreja_Elósegui|Ricardo Oreja Elósegui]] foi tamén deputado polas filas tradicionalistas e ocupou un posto como procurador nas [[Cortes franquistas]]. Outro tío seu, [[:es:Benigno_Oreja_Elósegui|Benigno]], foi un prestixioso médico urólogo e ocupou tamén un posto como procurador nas Cortes.
 
Doutorado en [[Dereito]] pola [[Universidade de Madrid]], formouse na carreira diplomática sendo destinado aos vinte e cinco anos ao gabinete do [[:es:Ministerio_de_Asuntos_Exteriores_Ministerio de Asuntos Exteriores (España,_1977 1977-1981)|Ministro de Asuntos Exteriores]] durante a ditadura franquista. Membro do [[:es:Grupo_Tácito|grupoGrupo Tácito]], vinculouse a movementos próximos á [[democracia cristiá]] e á dereita democrática representada pola [[Unión de Centro Democrático]], foi nomeado Senador Real na [[Lexislatura Constituínte de España|Lexislatura Constituínte]] e ministro de Asuntos Exteriores durante a [[Transición Española|transición]] en [[1976]] no primeiro goberno de [[Adolfo Suárez]], cargo que mantivo até [[1980]].
 
Nas [[Eleccións xerais de España de 1979|eleccións xerais de 1979]] foi elixido [[deputado]] ao [[Congreso dos Deputados de España|Congreso]] pola [[Guipúscoa|provincia de GuipúzcoaGuipúscoa]] como cabeza de lista da candidatura da UCD. O [[25 de novembro]] de [[1980]], foi nomeado delegado do Goberno no País Vasco, deixando o seu escano ao número dous por GuipúzcoaGuipúscoa, o seu sobriño [[Jaime Mayor Oreja|Jaime Mayor Oreja.]] Ocupou o cargo até mediados de 1982. Tras a desintegración do seu partido nas [[Eleccións xerais de España de 1982|eleccións de 1982]], nas que obtivera a acta de deputado de novo, por [[Áraba|Álava]] na lista conxunta que presentaron no País Vasco [[Alianza Popular]], o [[Partido Demócrata Popular]], o [[Partido Demócrata Liberal]] e [[Unión de Centro Democrático|Unión de Centro Democrático.]] Foi Secretario Xeral do [[Consello de Europa]] en [[1984|1984.]] En [[:es:Elecciones_al_Parlamento_Europeo_de_1989_Eleccións ao Parlamento Europeo de 1989 (España)|1989]] foi elixido [[Parlamento Europeo|parlamentario europeo]] nas listas do [[Partido Popular]] e colaborou na redacción do primeiro borrador dun modelo de [[Constitución]] para a [[Unión Europea]] en [[1993]].
 
Posteriormente presentouse de novo ás [[Eleccións xerais de España de 1993|eleccións en España en 1993]] pola [[Áraba|provincia de Álava]] nas filas do Partido Popular, sendo elixido deputado. Máis tarde foi designado [[Comisión Europea|Comisario Europeo]] de Transportes e Enerxía en [[1994]] e participou na elaboración do [[Tratado de Maastricht|Tratado de Maastricht.]]. Terminado o seu mandato en 1999, no que se ocupou de Relacións co Parlamento Europeo, relacións cos Estados Membros (en materia de Comunicación, Transparencia e Información), Cultura e Sector Audiovisual, Oficina de Publicacións, Asuntos Institucionais e Preparación da Conferencia Intergobernamental de 1996 (conxuntamente co Presidente [[Jacques Santer]]) abandonou a actividade política para dedicarse á empresa privada. É membro da [[:es:Real_Academia_de_Ciencias_Morales_y_Políticas|Real Academia de Ciencias Morais e Políticas]] e da [[:es:Academia_Europea_de_Ciencias_y_Artes|Academia Europea de Ciencias e Artes]]. Tamén é Presidente do Instituto de Estudios Europeos da [[Universidade CEU San Pablo]].<ref>{{cita web|url=http://www.cecod.org/es-es/qui%C3%A9nessomos/institutouniversitariodeestudioseuropeos.aspx|título=Instituto Universitario de Estudios Europeos|dataacceso=20 de abril de 2016}}</ref>
 
O [[9 de abril]] de [[2010]] foi nomeado marqués de Oreja<ref>Prutkov, Kozma, ''Annuaire de la Noblesse Moderne des Maisons Principales de l'Europe'', Montréal, 2010 (ISSN 1925-5594) [http://epe.lac-bac.gc.ca/100/201/300/annuaire_noblesse/2010.pdf (fr)]</ref> polo  Rei [[Xoán Carlos I]] en recoñecemento á súa traxectoria.<ref>[http://www.boe.es/boe/dias/2010/04/09/pdfs/BOE-A-2010-5683.pdf BOE Núm. 86 Viernes 9 de abril de 2010 Sec.]</ref>