Tabaquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 9:
A nicotina xera [[adicción]], pero ten efectos antidepresivos e de alivio sintomático da [[Ansiedade|ansiedade.]] Non se utiliza en [[farmacia]], porque na segunda metade do [[século XX]] descubríronse antidepresivos máis eficaces e que non crean adicción. Tampouco se emprega para o alivio sintomático da ansiedade, salvo en casos excepcionais, porque as [[Benzodiacepina|benzodiacepinas]], que son o tipo de tranquilizantes máis utilizado, tamén crean dependencia, pero considéranse máis eficaces.
 
É factor de risco en [[Doenza|enfermidades]] [[Pulmón|respiratorias]], [[Aparato circulatorio|cardiovasculares]], distintos tipos de [[cancro]], e é especialmente prexudicial durante o [[Embarazo|embarazo.]] Ademais, non só prexudica aos [[Fumador pasivo|fumadores]], senón tamén aos que respiran o mesmo aire (fumadores pasivos). O tabaquismo é a principal causa de [[Taxa de mortalidade|mortalidade]], na maioría dos países desenvolvidos, a principios do [[século XXI]], aínda que hai outros estudos que indican que estas enfermidades atribuídas ao tabaco son en realidade a contaminación industrial e química, os aditivos alimentarios e as [[Pesticida|pesticidas]] utilizados na agricultura[cita {{Modelo:Cómpre referencia}} Ademais, o tabaco como tal é o que menos se fuma, pois excepto o pouco tabaco natural, todo o que se comercializa está adulterado con sustancias químicas que lle achegan dubidosas ou preocupantes propiedades como a de ser máis adictivoaditivo ou mellorar o seu sabor, e outras que non se saben porque tamén teñen fórmulas secretas.[cita {{Modelo:Cómpre referencia}} As industrias agregan aditivos que o tabaco puro xamais tivo, aumentando a [[toxicidade]] que de seu xa ten.<sup contenteditable="false"></sup> Con todo é importante recalcar que o tabaco por moi puro ou de "lear" como se coñece, sempre causará dano irremediablemente, polo que a única opción que minimiza o risco de padecer enfermidades respiratorias a idades avanzadas é simplemente non fumar.
 
Debido ás consecuencias, tanto á repercusión (dependencia) física, psicolóxica e social que xera nos consumidores, xa desde o último Congreso de Psiquiatría que tivo lugar na Habana, foi considerado unha enfermidade máis, pois require tanto tratamento medicinal como rehabilitación psicolóxica e re-educación social. Ditas dependencias son as máis difíciles de corrixir, aínda que a dependencia física é a que con maior facilidade desaparece, despois da abstinencia. Queda constituída desde entón, como unha enfermidade, que xera enfermidades e outras complicacións.