Palacio da Aljafería: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
coordenadas e formato
Liña 1:
{{Coord|41|39|23.36|N|0|53|49.63|W|display=title}}
{{Cómpren coordenadas}}{{Sen notas}}{{Ligazóns internas}}
{{Sen notas}}
[[Ficheiro:Aljafería2.JPG|miniatura|300px|Vista frontal do Palacio da Aljafería.]]
O '''Palacio da Aljafería''' está situado na cidade de [[Zaragoza]] e foi declarado monumento nacional de interese histórico-artístico o [[4 de xuño]] de [[1931]]. Aínda así o seu estado de conservación era deplorable ata que no [[1947]] o arquitecto Francisco Iñiguez Almech, liderou os traballos de rehabilitación que posteriormente foi continuada polos arquitectos Ángel Pero Padre Muniesa, Luis Franco Lahoz e Mariano Pemán Gavín. O resultado destas rehabilitacións xunto con diversas escavacións arqueolóxicas deu lugar á aparencia que hoxe en día presenta o edificio. Ademais hai que engadir as instalación das [[Cortes de Aragón]] comezadas no [[1985]] e dirixidas polos arquitectos Franco e Pemán. Esta ampliación levouse a cabo tendo en conta as tendencias estéticas predominantes na arquitectura moderna, diferenciándose, deste xeito do resto das partes do palacio.
 
O ano [[2001]], a [[UNESCO]] declarou [[patrimonio da humanidade]] o [[Arquitectura mudéxar de Aragón|arte mudéxar de Aragón]],<ref>{{cita web|título=Mudejar Architecture of Aragon|url=http://whc.unesco.org/en/list/378|editorial=UNESCO World Heritage Center|fechaacceso=29 de septiembre de 2014|idioma=inglés}}</ref> sendo o Palacio da Aljafería, un dos monumentos máis representativos e emblemáticos deste estilo.
 
== O palacio islámico ==
[[Ficheiro:Torre del Trovador (planta baja).jpg|dereita|miniatura|Primeira planta. Se aprecian os arcos de ferradura do século IX o X.]]
Conserva parte do seu antigo recinto amurallado, de base cuadrangular, reforzado por grandes torres semicirculares, as cales hai que engadir a Torre do Trobador, cunha zona inferior, do [[século IX]]. Sendo esta o resto arquitectónico máis antigo do conxunto.
 
Este recinto contén na súa parte central construción residenciais que seguen o modelo típico dun palacio islámico de influencia [[omeia]], tal e como se tiñan desenvolvido os palacios musulmáns do deserto, que se remontaban ó [[século VIII]].
 
Polo tanto temos por unha banda o espírito defensivo das murallas e polo outro o palacio taifal considerado de gran beleza polos seus ornamentos e a súa estrutura. Este está formado por un gran patio rectangular a ceo aberto e cunha alberca no seu lado sur. Tamén contan con dous pórticos laterais, con arcadas mixtilíneas e polilobuladas que actúan como se foran pantallas visuais. Adicionalmente temos as estancias tripartitas que nas súas orixes estaban destinadas para uso cerimonial e privado.
Liña 14 ⟶ 16:
Ademais no pórtico norte atópase un pequeno oratorio ou [[mihrab]] , de base octogonal e de reducidas dimensións cunha gran decoración de xeso con fragmentos pictóricos, de tons vivos e contrastados de gran interese.
 
Todos estes logros artísticos correspóndense coas obras realizadas na segunda metade do [[século XI]] baixo o mando do rei [[Abu-Ya far Ah-mad ibn Hud al-Muqtadir]]. Este palacio supón unha das obras cumio do [[Arte andalusí|arte musulmán]] na [[península ibéricaIbérica]] que foron tomadas coma modelo posteriormente no [[Reais Alcázares de Sevilla]] ou na [[Alhambra|Alhambra de Granada]].
 
== O palacio cristián medieval ==
Trala reconquista de [[Zaragoza]] por [[Afonso I de Aragón|Afonso I]] no ano [[1118]], o palacio converteuse na residencia dos monarcas aragoneses, que impulsaron diversas obras de ampliación e acondicionamento.
 
Así durante este período (séculos XII-XIV) pódese citar a orixe da igrexa de San Martiño, da capela de San Xurxo (hoxe desaparecida), a arquería oeste e sobre todo as salas do palacio mudéxar do rei [[Pedro IV]], coroadas por uns alfarxes, hoxe restaurados.
 
== O palacio dos Reis Católicos ==
Foi erixido sobre a estrutura musulmá o redor do [[1492]] co fin de simbolizar o prestixio dos monarcas cristiáns. Poren a dirección das obras foi encargada ó mestre mudéxar Faraig de Gali e nelas fúndese elementos medievais con outros máis novidosos propios do [[Renacemento]]. Esta nova estrutura consta dunha escalinata, unha galería e un conxunto de salas, denominadas “dos Pasos Perdidos” que teñen o seu punto álxido no Salón do Trono. Salientar os teitos de madeira dourada e policromada e o artesanado do Salón do Trono.
 
== Reformas e ampliacións: Época moderna e contemporánea ==
A partir de [[1593]] e por orde do rei [[Filipe II de España|Filipe II]], o enxeñeiro [[Siena|sienés]] [[Tiburcio Spanochi]] deseñou os planos para transformar o palacio nun forte “á moderna”. Desta maneira dotouse dun novo recinto amurallado exterior con baluartes pentagonais nas esquinas e un novo foso. Porén o que realmente se pretendía foi poñer de manifesto o poder real fronte as reivindicacións forais dos aragoneses e posibles revoltas en [[Zaragoza]]. Tras estes cambios, o carácter militar do palacio ampliouse durante os [[séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]] coa intención de convertelo nun acuartelamento regular. Entre as modificacións máis importantes citar os torreóns neogóticos engadidos en tempos de [[Isabel II de España|Isabel II]].
 
== Estrutura actual ==
Actualmente existen dúas delimitacións claras no palacio: a área habilitada coma sede das cortes de Aragón e a área monumental dispoñible para a visita turística. Os elementos máis característicos actuais son: a ponte, o foso, a porta de entrada, a muralla musulmá, o patio de san Martiño, a capela de san Martiño, a torre do trobador, o oratorio, o patio de santa Isabel, unha planta baixa (salas do palacio islámico), unha planta intermedia (sala dos reis católicos) , unha planta superior (salas do palacio cristián medieval), patio de armas, cuarteis de Carlos III, e os Torreóns neogóticos do 1868.
 
== As cortes de Aragón ==
Dende o ano [[1987]] o palacio alberga a institución que representa ós aragoneses: As cortes[[Cortes de Aragón]]. Estas Cortes están constituídas por 67 deputados, 14 pola provincia de [[Teruel]], 18 pola de [[Huesca]] e 35 pola de [[Zaragoza]]. As súas sesións desenvólvense no hemiciclo, espazo que pertence a un edificio de nova planta, illado da muralla e palacio taifal, pero integrado no interior do monumento e situado en fronte da capela de San Martiño.
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Palacio de la Aljafería (Zaragoza)}}
=== Bibliografía ===
* BORRÁS GUALIS, Gonzalo, «La ciudad islámica», en Guillermo Fatás (dir.), ''Guía histórico-artística de Zaragoza'' (3ª ed. rev. y amp.), Zaragoza, Ayto. de Zaragoza, 1991, págs. 71-100. ISBN 978-84-86807-76-4 ''Cfr.'' también el capítulo de BIEL IBÁÑEZ, María Pilar, «Nuevas noticias sobre el palacio de la Aljafería» con las novedades aparecidas y los datos actualizados hasta 2008, en Guillermo Fatás (dir.), ''Guía histórico-artística de Zaragoza'', 4ª ed. revisada y ampliada, Zaragoza, Ayto. de Zaragoza, 2008, págs. 711-727. ISBN 978-84-7820-948-4
{{Ampliar}}
* CABAÑERO SUBIZA, Bernabé (dir.) ''et al.'', ''La Aljafería'', vol. I, Zaragoza, Cortes de Aragón, 1998. ISBN 978-84-86794-93-4
* CABAÑERO SUBIZA, Bernabé y Carmelo de Lasa, ''El Salón Dorado de La Aljafería: ensayo de reconstitución formal e interpretación simbólica'', Zaragoza, Instituto de Estudios Islámicos y del Oriente Próximo, 2004. ISBN 978-84-95736-34-5
* EXPÓSITO SEBASTIÁN, Manuel, José Luis Pano Gracia y M.ª Isabel Sepúlveda Sauras, ''La Aljafería de Zaragoza'', Zaragoza, Cortes de Aragón, 2006 (6ª ed.). ISBN 978-84-86794-13-2
=== Outros artigos ===
* [[Arquitectura mudéxar de Aragón]]
* [[Dinastía Omeia]]
=== Ligazóns externas ===
 
===Ligazóns externas===
 
* [http://www.cortesaragon.es Web das Cortes de Aragón] {{es}}
* [http://virtual.cortesaragon.es/ Tour Virtual polas Cortes de Aragón] {{es}}
* [http://www.turismodezaragoza.es/ciudad/patrimonio/mudejar/palacio-aljaferia-zaragoza.html O Palacio na Web de Turismo de Zaragoza] {{es}}
 
{{control de autoridades}}
[[Categoría:Arquitectura en Zaragoza]]
[[Categoría:Palacios de España|Aljaferia]]